Solidariedade por deporte en Carballo

Venres, 29 Novembro 2013 15:38

Dez entidades deportivas de Carballo, entre as que se atopan representado o Baloncesto a través de Escola Basket Xiria e CB Artai, colaboran este Nadal na campaña de recollida de xoguetes da Cruz Vermella.

A iniciativa "Ningún neno sen xoguetes", que a Cruz Vermella promove a nivel estatal, chegou o ano pasado a 187 nenos, pero este ano poderían ser aínda máis, dado o aumento das necesidades entre a poboación.

Dez entidades deportivas de Carballo queren dar un exemplo de solidariedade este Nadal. Con ese obxectivo manteñen activa desde este mércores, 28 de novembro, unha campaña de recollida de xoguetes que a asemblea local da Cruz Vermella repartirá entre os nenos de familias con poucos recursos económicos. 

O deporte carballés quere poñer o seu gran de area para que todos os nenos de Carballo poidan celebrar o día de Reis, e por iso en todos os adestramentos e partidos poñerán a disposición dos seus socios e do público en xeral contedores para que depositen os xoguetes.

Dende a Cruz Vermella solicitan, preferentemente, xoguetes novos ou en bo estado de uso. Pero non só fan falla os xoguetes, senón o material preciso para empaquetalos, un labor do que se encargarán os voluntarios da oenegué e, este ano tamén, voluntarios das entidades deportivas colaboradoras. Deste xeito, tamén se agradecen especialmente as doazóns de papel de regalo e todo tipo de material complementario para facer os paquetes.

A campaña desenvolverase ata o 22 de decembro, e a partir do día 15 as persoas que o desexen tamén poderán facer as súas achegas na base da Cruz Vermella, situada nas vivendas dos mestres, na rúa Vázquez de Parga da localidade de Carballo.

Na iniciativa participan: Escola Basket Xiria, CB Artai, Escolas Balonmán Xiria, Volei Xiria, Escola Lubiáns, Club Ciclista Carballo, FC Bergantiños, Escolas Luis Calvo Sanz, Sysca e AD Fogar. Colabora tamén o Concello de Carballo.

Formación

Novas máis vistas

Colaboradores Institucionales

Concello de Santiago         Concello de Tui       Captura de pantalla completa 30032016 181327

 

 

 

  

concello novo 

Captura de pantalla completa 28042016 194652

porriño  Captura de pantalla completa 08112017 105358 
lugo logo-deputacion-ourense logo DEPUTACION PONT
Deputación da Coruña  logouvigo 

Colaboradores FGB


 
 logo aneto  logo special olympics galicia 2 325 

© 2018 Federación Galega de Baloncesto

Utilizamos cookies para mellorar a súa experiencia e os nosos servizos, analizando a navegación no noso sitio web. Se continua navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información pulsando aquí: Máis información sobre a nosa política de cookies consulta a nosa Política de Cookies.

Acepto as cookies

F.G.B.