Deporte Galego

Copa Galicia Sénior Feminina: Universitario Ferrol, campión

  • 19 Octubre 2013 |

Universitario Ferrol conseguiu este sábado a primeira Copa Galicia nos vinte e un anos de historia desta competición. O equipo de Lino López tivo que traballar intensamente ante un Ensino que non deixou de intentalo en ningún momento e que chegou ao último minuto de encontro con todas as opcións.

19/10/13 - XXI Copa Galicia Sénior Feminina. Final

Pavillón de Esteiro (Ferrol)

(20.00 h) Universitario Ferrol- Durán Maquinaria Ensino

(14-15, 11-18, 15-13, 22-12) (62-58)

Ferroláns e Lucenses amosaron intensidade física na XXI final de Copa Galicia EBA. Ambos equipos sabían que non sería fácil irse no marcador desde o inicio e deixaron correr un primeiro cuarto no que cada un deles calibrou o estado do contrincante. Así, cun parcial de 14 -15, con diferenza pola mínima para Ensino, chegaban os segundos dez minutos.

Estes propiciaron o crecemento en pista das xogadoras de Javi Muñoz, as cales gozaron de maior acerto ante canastra e souberon aproveitar os seus bos contraataques. Ferrol non mantiña este nivel e deixaba que as rivais adquirisen unha renda de oito puntos para chegar ao descanso (25 - 33).

A renovación foi para Universitario. O equipo local, que ademais actuaba de anfitrión, veuse arriba e revolucionou o seu motor grazas a maior velocidade e destacadas canastras de corte individual. Ensino, pola súa banda, seguía resistindo e mantiña, ao reamte do terceiro cuarto, unha vantaxe de seis puntos (40 - 46).

Os definitivos dez minutos foron claves. Ferrol non detiña o seu esforzo para modificar o marcador, mentres as lucenses aguantaban o tirón pero notaban xa os primeiros síntomas de cansazo. As xogadoras da cidade departamental souberon dar o último estirón e levaron o partido á igualdade (58 -58) cando restaban unicamente 54 segundos.

Neste punto xusto, unha falta antideportiva sinalada a Ensino, seguida dunha técnica, propiciaba catro tantos consecutivos de Ashley Arlen para Universitario, aclarándolle o camiño á vitoria (62 – 58)

Trofeos
Universitario Ferrol recolleu a primeira Copa Galicia do seu Palmarés da man do Presidente da Federación Galega de Baloncesto, Francisco Martín; e da Concelleira de Deportes de Ferrol, Susana Martínez. Ambos trasladaron a súa noraboa ao equipo anfitrión do Torneo, e á súa vez, campión.

DSC02950
Previamente , entregouse o subcampionato a Durán Maquinaria Ensino, sendo o Xefe de Servizo Provincial de Deportes da Xunta de Galicia en A Coruña, Roberto García; o responsable de felicitar ás lucenses pola súa actitude deportiva e bo traballo.

DSC02948
MVP
A pívot norteamericana Ashley Arlen, con 24 de valoración, acadou o recoñecemento como mellor xogadora desta final, un premio MVP, cortesía de “la Caixa”, e que tivo a honra de entregarlle Leopoldo Ibáñez, presidente do seu club, Universitario Ferrol.

DSC02933

 

volver arriba

Colaboradores Institucionales

 Concello de Santiago LOGO NON  Captura de pantalla completa 30032016 181327  158573631 3698522630239682 385709146731840444 n concello novo  Captura de pantalla completa 28042016 194652    dgan
lugo

logo-deputacion-ourense

 

logo DEPUTACION PONT Deputación da Coruña logouvigo
 

 


   

Colaboradores FGB

  balon oficial 

gadis

 

ence