Deporte Galego

Leyma Natura, novo aliado do Baloncesto Galego Federado

  • 19 Novembro 2021 |

Leyma Natura convértese en novo patrocinador da Federación Galega de Baloncesto. A marca láctea galega comprométese co Baloncesto Federado Autonómico para trasladarlle ao mesmo os seus valores e compromiso co esforzo e o traballo.

Federación Galega de Baloncesto e Leyma Natura unen os seus camiños mediante a sinatura dun convenio que se estenderá durante a vixente temporada 2021 -2022.

Aposta polo Deporte Feminino
Dentro deste acordo de colaboración o apoio de Leyma Natura radicará especialmente no Baloncesto Feminino en categorías de formación, dando o seu nome á Liga de Primeira División Infantil Feminina, composta por un total de 16 equipos de toda Galicia.
Leyma Natura trasladará así as xogadoras galegas máis novas o seu alento e a súa paixón polo Baloncesto, a cal xa ven amosando dende diferentes accións e perspectivas durante estes anos.

 

volver arriba

Colaboradores Institucionales

 Concello de Santiago LOGO NON  Captura de pantalla completa 30032016 181327  158573631 3698522630239682 385709146731840444 n concello novo  Captura de pantalla completa 28042016 194652    dgan
lugo

logo-deputacion-ourense

 

logo DEPUTACION PONT Deputación da Coruña logouvigo
 

 


   

Colaboradores FGB

  balon oficial 

gadis

 

ence