Deporte Galego

A Federación Galega de Baloncesto, novo Espazo Cardioprotexido

  • 16 Novembro 2021 |

A Federación Galega de Baloncesto, da man do Proxecto Salvavidas, toma a iniciativa de cardioprotexer as súas instalacións con Desfibriladores como primeira medida para concienciar na importancia da incidencia da morte súbita no deporte. 

Co obxectivo de emprender o camiño de cardioprotexer ao Baloncesto Galego, a FGB e Proxecto Salvavidas, principal programa de cardioprotección en España; asinan un convenio que comeza coa chegada de desfibriladores as súas sete oficinas, e que pretende crecer con diferentes accións orientadas aos clubs para facer visible o crucial que é o dispoñer dos aparatos precisos e coñecer o uso das técnicas de RCP.

O Presidente da FGB, Francisco Martín; e o Director de Operacións de Proxecto Salvavidas, Marco Antonio Rodríguez; rubricaron este convenio coa firme aposta de que a actual temporada 2021 – 2022 sexa para o Baloncesto Autonómico a do despegue na cardioprotección. Nesta liña, o Proxecto "Pulseras Salvavidas" orientado a que todos os clubs poidan optar á posibilidade de facerse co seu propio desfibrilador sen custe económico será o primeiro paso importante. 

Salvar Vidas

En España ocorren máis de 30.000 paradas cardiorrespiratorias fóra dos hospitais. Cando suceden este tipo de incidentes disponse de escasos minutos para salvar una vida. De feito, por cada minuto que pasa sen recibir unha desfibrilación as probabilidades de supervivencia redúcense nun 10%. Dispor de aparatos, formación específica e mantemento dos equipos é vital.

volver arriba

Colaboradores Institucionales

 Concello de Santiago LOGO NON  Captura de pantalla completa 30032016 181327  158573631 3698522630239682 385709146731840444 n concello novo  Captura de pantalla completa 28042016 194652    dgan
lugo

logo-deputacion-ourense

 

logo DEPUTACION PONT Deputación da Coruña logouvigo
 

 


   

Colaboradores FGB

  balon oficial 

gadis

 

ence