Deporte Galego

Aprobado o novo Protocolo FISICOVID DXTGALEGO FGB

  • 02 Novembro 2021 |

A Secretaría Xeral para o Deporte aproba a actualización do Protocolo FISICOVID DXT GALEGO presentada pola Federación Galega de Baloncesto. Esta autorización oficial por parte da SXD supón un paso clave para o Baloncesto Galego, permitindo a práctica do mesmo sen máscara para todos os deportistas maiores de 12 anos que presenten certificado de vacinación COVID con pauta completa, ou que presenten "Certificado de Recuperación"; ou que realicen test previo. Pola súa banda, todos os menores de 12 anos deberán seguir empregando obrigatoriamente a máscara.

A modificación clave relativa ás excepcións ao uso da máscara deberá levarse á práctica seguindo as indicacións marcadas no novo Protocolo, salientando a importancia das estipulacións e requirimentos temporais relativos tanto á data de expedición dos certificados que se presenten como á da realización dos test. Neste punto a figura dos responsables COVID de cada Club para a ser responsable imprescindible.

Esta medida, así como o conxunto do novo Protocolo é de aplicación inmediata a partir da súa publicación, quedando polo tanto XA EN VIGOR.

Agradecer neste preciso momento o esforzo, compromiso coas normativas e colaboración no seu cumprimento por todos os axentes implicados no Baloncesto Galego.

Os documentos que configuran a actualización do Protocolo (Documento xeral e anexos correspondentes aos adestramentos e á competición, moi importantes ambos) están xa dispoñibles para a súa descarga e consulta.

volver arriba

Colaboradores Institucionales

 Concello de Santiago LOGO NON  Captura de pantalla completa 30032016 181327  158573631 3698522630239682 385709146731840444 n concello novo  Captura de pantalla completa 28042016 194652    dgan
lugo

logo-deputacion-ourense

 

logo DEPUTACION PONT Deputación da Coruña logouvigo
 

 


   

Colaboradores FGB

  balon oficial 

gadis

 

ence