Deporte Galego

Fases Finais das Previas de 2º División: 13 novos equipos para as Primeiras Divisións Base

  • 01 Octubre 2021 |

A competición FGB continúa a coller folgos e nesta primeira fin de semana de outubro deu un paso importante máis coa celebración das Fases Finais das Previas 2º Divisións Base.

Con Santiago de Compostela como sede, e a excepción da categoría Júnior feminina, que xa non precisou desputar esta rolda; as indicadas Fases Finais dilucidaron as diferentes prazas de ascenso a primeiras divisións en función de cada categoría.

1º División Júnior Feminina

Non se disputou Fase Final.
Compañía de María, Maristas Coruña, Seis do Nadal Coia e Arxil ,en calidade de ser os dous primeiros clasificados de cada grupo na Fase Previa xa tiñan no seu poder o ascenso.

1º División Júnior Masculina

A Fase Final decidiu a única praza de ascenso en xogo nesta categoría. Esta praza, tras vitoria na final ante Porriño Baloncesto Base, pertence xa a Bosco Salesianos. 

1º División Cadete Feminino

A Fase Final puxo en xogo un total de catro prazas de ascenso, as cales sairon dos gañadores das catro eliminatorias que se disputaron. Tras impoñerse nestas, os novos catro equipos de 1º División son: Porriño Baloncesto Base, Miralba Celta, Basquet Coruña C e Seis do Nadal Coia.

1º División Cadete Masculino

A Fase Final trouxo consigo o premio dun total de cinco prazas de ascenso, as cales se configuraron a través de cinco eliminatorias cuxos gañadores, e por tanto actuais propietarios do ascenso, foron: Oca Hotels Obradoiro - Vedra, Sigaltec, Defensores do Morrazo, Santoa Domingo Betanzos e EDO Blanco Amor.   

1º División Infantil Feminino

As 4 prazas de ascenso xa asinadas na Fase previa pertencen a Maristas Coruña, Ensino Lugo, Peleteiro e CB Allariz Stop Alarma.
No corresponte á Fase Final, esta deixou unha praza máis que se decidiu en formato de semifinais e final, e cuxo dono, tras vencer na final ante CB Arxil, é BAXI Ferrol.

1º División Infantil Masculino

Os 1º clasificados de cada grupo na Fase Previa, Baloncesto Narón, Estudiantes de Pontevedra, Traumacor Culleredo e Bosco Salesianos; tiñan xa o ascenso nas súas mans
Pola súa banda, a fase final traía consigo a recompensa de dúas prazas de ascenso, as cales asinaron os gañadores das 2 eliminatorias marcadas por formato de xogo. Estes foron: Basquet Coruña e Peleteiro. 

volver arriba

Colaboradores Institucionales

 Concello de Santiago LOGO NON  Captura de pantalla completa 30032016 181327  158573631 3698522630239682 385709146731840444 n concello novo  Captura de pantalla completa 28042016 194652    dgan
lugo

logo-deputacion-ourense

 

logo DEPUTACION PONT Deputación da Coruña logouvigo
 

 


   

Colaboradores FGB

  balon oficial 

gadis

 

ence