Deporte Galego

A UFEDEGA pon a disposición das Federacións Deportivas Galegas, Clubs e Deportistas, cinco webinar sobre Márketing Dixital

  • 29 Setembro 2021 |

Estas accións van dirixidas a fomentar as capacidades dixitais das entidades deportivas galegas.

A Unión de Federacións Deportivas Galegas a través do convenio asinado coa Secretaria Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia, para o asesoramento e formación das Federacións Deportivas Galegas, pon en marcha unha serie de xornadas de formación “online” orientadas a fomentar as capacidades dixitais das entidades deportivas galegas.

Os participantes nesta formación gratuíta coñeceran numerosas tácticas dixitais e canles, para conectar co seu público no entorno de internet. Dende os seus sitios webs, ata os recursos dixitais da súa entidade deportiva, anuncios dixitais, campañas de mailing, redes sociais. Un gran espectro que cabe baixo o paraugas do márketing dixital.

Esta formación levarase a cabo todos xoves ás 17:00h, dende o 30 de setembro ata o 28 de outubro na plataforma online da UFEDEGA. O contido da primeira webinar será sobre “Email marketing para entidades deportivas” para continuar con “Ecommerce para entidades deportivas”, “Gamificación de eventos deportivos”, “Rentabilizar a inversión en medios” e pechar o ciclo con unha sesión presencial de “Streaming, gravación e difusión de eventos deportivos”

A UFEDEGA cree fundamental asesorar neste campo as entidades deportivas galegas xa que na actualidade os contidos dixitais convertéronse nos máis persuasivos e aos que maior acceso ten o público, a información está na rede, no lugar e momento que se necesite e é un campo con moitos recursos que poden ser de axuda as Federacións, clubs e entidades.

volver arriba

Colaboradores Institucionales

 Concello de Santiago LOGO NON  Captura de pantalla completa 30032016 181327  158573631 3698522630239682 385709146731840444 n concello novo  Captura de pantalla completa 28042016 194652    dgan
lugo

logo-deputacion-ourense

 

logo DEPUTACION PONT Deputación da Coruña logouvigo
 

 


   

Colaboradores FGB

  balon oficial 

gadis

 

ence