Deporte Galego

Xa Dispoñible a nosa nova APP oficial

  • 20 Setembro 2021 |

Presentamos a nova app oficial da Federación Galega de Baloncesto, que xa está dispoñible para a súa descarga tanto para sistemas android como ios.

Trátase dunha app completa que, ademais da información referente a competicións integra tamén a información referida as licenzas. Esta renovación supón que pasamos de ter dúas app diferentes a congregar todos os servizos nunha única e actualizada.

Entre as novidades que podemos atopar nesta nova app contamos cun novo deseño mellorado e actualizado e coa xa indicada fusión da e-licenza e a aplicación de competicións. Así mesmo, permitirá activar o aviso de inicio de partidos que interesen particularmente ao usuario, e unha visualización das estatísticas da partidos, estatísticas acumuladas dos equipos, estatísticas do xogadores e seguimento en directo dos partidos nos que se realice acta dixital. 

A mudanza á esta nova app debe xestionarse polos usuarios de maneira diferente en función do sistema operativo que manexen.

Detallamos o proceso:

Android

googleplay Mesa de trabajo 1

Os usuarios de Android deben desinstalar a app antiga de competicións e instalar a App nova, que xa está dispoñible no Playstore.

Trátase dunha app completamente renovada na cal tamén están integrada as licenzas. A app utilizada ata o de agora para as licenzas queda en desuso.

Iphone

ios Mesa de trabajo 1

Os usuarios de iphone que teñen actualmente descargada a app de competicións da FGB unicamente deben actualizala. Con esta actualización acceden xa á nova versión, na que, como xa indicamos, tamén están integradas as licenzas. Remarcamos que, por iso, a app de licenzas que se utilizaba ata o momento queda xa en desuso.

Os usuarios de Iphone que non tivesen descarga a app antiga de competicións teñen que descargala, desde cero, do seu apple store.

Neste proceso de cambio, o email Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo. permanecerá dispoñible para recibir calquera dúbida de emprego da app, así como notificacións de erros de instalación. 

 

volver arriba

Colaboradores Institucionales

 Concello de Santiago LOGO NON  Captura de pantalla completa 30032016 181327  158573631 3698522630239682 385709146731840444 n concello novo  Captura de pantalla completa 28042016 194652    dgan
lugo

logo-deputacion-ourense

 

logo DEPUTACION PONT Deputación da Coruña logouvigo
 

 


   

Colaboradores FGB

  balon oficial 

gadis

 

ence