Deporte Galego

Cursos de Iniciación á Arbitraxe 2021 - 2022: Convocatorias e Guía Didáctica

  • 30 Xullo 2021 |

O Comité Galego de Árbitros continúa a súa programación de Cursos en INICIACIÓN 2021 - 2022. Renovando o formato e compaxinando formación online teórica e formación presencial de carácter práctico, os novos cursos ofrecen dun xeito máis dinámico a posibilidade de entrar en contacto coas bases do traballo de árbitros e oficiais de mesa, así como coas Regras do Baloncesto, a mecánica, sinalización e funcións específicas. 

Cun total de 7 convocatorias xa establecidas, e a primeira delas xa realizada cun total de 31 alumnos, lembramos o calendario máis inmediato para novos cursos: 

Convocatoria Curso 2: do 29 de setembro ao 31 de setembro.

Convocatoria Curso 3: do 13 de outubro ao 15 de outubro. 

Convocatoria Curso 4: do 27 de outubro ao 29 de outubro. 

Os interesados en tomar parte nalgunha das convocatorias poderán tramitar a súa inscrición remitindo a súa solicitude a Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo. indicando a convocatoria na que desexan participar. Así mesmo, este mesmo correo permanece aberto para envío de dúbidas ou cuestións. 

Información completa

Toda a información precisa para coñecer os detalles desta nova etapa dos cursos (datas, requisitos, estrutura lectiva e proxección) así como do proceso para formalizar a inscrición nos mesmos, poden consultarse na nova GUÍA DIDÁCTICA que achegamos.

 

volver arriba

Colaboradores Institucionales

 Concello de Santiago LOGO NON  Captura de pantalla completa 30032016 181327  158573631 3698522630239682 385709146731840444 n concello novo  Captura de pantalla completa 28042016 194652    dgan
lugo

logo-deputacion-ourense

 

logo DEPUTACION PONT Deputación da Coruña logouvigo
 

 


   

Colaboradores FGB

  balon oficial 

gadis

 

ence