Deporte Galego

Sorteados os grupos e o calendario dos Campionatos de España Infantís

  • 04 Xuño 2021 |

Marín e Betanzos serán as sedes dos Campionatos de España Infantil Feminino e Masculino, respectivamente; citas que se celebrarán do 12 ao 18 de xuño e que xa teñen calendario e composición de grupos de primeira fase. De novo, os 32 mellores equipos do país citaranse polo trono nacional en sete días de baloncesto de futuro.

Marín (en categoría feminina) e Betanzos (en masculina) acollerán os encontros en oito pavillóns distintos. O sistema de competición será similar ao das últimas tempadas. Dos primeiros catro grupos pasarán á rolda de oitavos de final os tres primeiros clasificados, e engadiranse os líderes dos catro grupos restantes.

 CAMPIONATO DE ESPAÑA INFANTIL MASCULINO (Betanzos)
Grupo A: 1ª de Madrid, Real Betis Bto, Leclerc Caja Rural Tormes e CB L’Hospitalet.
Grupo B: Cajasiete Canarias, F. Valencia Basket 2000, Imprenta Bahía San Agustín e Seis do Nadal Coia.
Grupo C: FC Barcelona, 1ª Aragón, Iveco Real Valladolid e CB Tui Mascato.
Grupo D: C. Joventut Badalona, UCAM Murcia, Luther King e 2º de Madrid.
Grupo E: Picken Claret, 1º Cantabria, San Ignacio e RC Marítimo de Melilla.
Grupo F: Unicaja Baloncesto, Gabinete Asesores SACC, Aringal B. Ferrol y Vailant Godella.
Grupo G: Canterbury School, Guadalajara Basket, 1º Lanza Gijón Basket Azul e  2KPV Solutions MB
Grupo H: 3º Madrid, El Sueño de Jemik CP La Roda, 2º Aragón e 1º La Rioja.

CAMPIONATO DE ESPAÑA INFANTIL FEMININO (Marín)
Grupo A: UE Mataró, Celta Zorka Recalvi, Unicaja Andalucía e  2º Aragón.
Grupo B: 1º Madrid, Adareva Tenerife, Barça CBS e 1º Aragón.
Grupo C: Basket Almeda, G. Valencia Basket 2000, Colegio Leonés CLAA e 2º Madrid.
Grupo D: Gestión y Color Cordobasket, Picken Claret Rojo, CD San Isidro e CB Santa Cruz.
Grupo E: Talleres Degaype Cartagena, Porriño BB, 1º La Rioja e 3º Madrid.
Grupo F: Valencia B, Uni Córdoba, CD Grupo Alkasar e Buen Consejo.
Grupo G: 1º Cantabria, Aranguren Mutilbasket, Balbo F. Al Qázeres e Canterbury School.
Grupo H: Instituto Rosalía, CB Consell-Alcudia, Liberbank Oviedo e Megacalzado Ardoi.

Seguirase o protocolo sanitario da FEB en ambos os Campionatos, que se disputarán en modo burbulla, coas restricións de público determinadas pola Xunta de Galicia. Coordinarase cos clubs a posibilidade de entrada de afeccionados e familiares aos pavillóns.

volver arriba

Colaboradores Institucionales

Concello de Santiago  Concello de Tui  Captura de pantalla completa 30032016 181327  Logo Ufedega AVATAR RRSS concello novo  Captura de pantalla completa 28042016 194652 porriño  
lugo logo-deputacion-ourense logo DEPUTACION PONT
Deputación da Coruña  logouvigo 

Colaboradores FGB


 
logo aneto logo special olympics galicia 2 shuka