Deporte Galego

Fases Finais FGB: os campionatos galegos e os ascensos, en xogo este domingo

  • 27 Maio 2021 |

 As tres principais competicións de ámbito sénior FGB concentran este domingo, 30 de maio; o remate de toda unha temporada 2020 - 2021 que chega ao seu fin con todo por dilucidar. En tres sedes diferentes, os clubs clasificados repartirán xogo buscando, en cada caso, a opción ao título de Campión Galego, así como as posibilidade de ascenso segundo marcan as Bases de Competición por categoría. 

O acceso para o público a cada partido das Fases Finais será limitado, xestionándose o mesmo directamente a través de cada club participante segundo estipule e lle permita cada protocolo concreto en relación ao aforo das instalacións e as medidas sanitarias.

 Fase Final 1º División Masculina

62fd878f 3e4a 4cdb 8bde bd7cc5047d8c

30/05/21 - Pavillón Alonso Rodríguez (Noia) (Organiza FGB)
Campión: Marín Ence PeixeGalego/ Subcampión: Bosco Stores Persan. Ambos os dous equipos obteñen o ascenso a Liga EBA.

(10.00 h) Marín Ence PeixeGalego - Sigaltec (A) (72 - 57)
(12.00 h) Bosco Stores Persan - Obradoiro USC (B) (87 - 77)
(16.30 h) 3º - 4º Posto: Sigaltec  - Obradoiro USC (82 - 69)
(19.15 h) Final: Marín Ence PeixeGalego - Bosco Stores Persan (93 - 81)

Fase Final 1º Autonómica Feminina

1eb8f5fa ed9b 4793 bc21 923dfb850c18
30/05/21 - Pavillón Municipal de O Burgo (Culleredo) (Organiza: CB Culleredo)
Campión: Cafés Candelas Seminario / Subcampión: Celta Universidade Vigo. Cafés Candelas Seminario faise co ascenso a 1 División Nacional Feminina. 

(10.00 h) Cafés Candelas Seminario - Herrera y Cores Clínica Dental (A) (56 - 52)
(12.30 h) Celta Universidade Vigo - Compañía de María (B) (53 - 47)
(17.00 h) 3º - 4º Posto: Compañía de María - Herrera y Cores Clínica Dental (63 - 56)
(19.30 h) Final: Celta Universidade Vigo - Cafés Candelas Seminario (25 - 76)

Fase Final 2º División Masculina
30/05/21 - Pavillón Universitario (Ourense) (Organiza FGB)

Campión: Porriño Baloncesto Subcampión: Santo Domingo Betanzos. Ambos os equipos fanse co ascenso a 1º División Masculina.

(10.00 h) SD Tui - PBB (A) (55 - 60)
(12.00 h) Calvo Artai – Santo Domingo Betanzos (B) (62 - 68)
(16.00 h) 3º - 4º Posto:  Calvo Artai - SD Tui (61 - 41)
(18.00 h) Final: Santo Domingo Betanzos  - PBB (46 - 70)

volver arriba

Colaboradores Institucionales

Concello de Santiago  Concello de Tui  Captura de pantalla completa 30032016 181327  Logo Ufedega AVATAR RRSS concello novo  Captura de pantalla completa 28042016 194652 porriño  
lugo logo-deputacion-ourense logo DEPUTACION PONT
Deputación da Coruña  logouvigo 

Colaboradores FGB


 
logo aneto logo special olympics galicia 2 shuka