Deporte Galego

Betanzos acollerá o Campionato de España de Clubs Infantil Masculino

  • 08 Abril 2021 |
Betanzos acollerá o Campionato de España de Clubs Infantil Masculino
(Foto: Concello de Betanzos)

Tras a suspensión por motivos sanitarios da edición 2020, que ía celebrarse nesta mesma cidade; Betanzos é de novo o emprazamento escollido para a celebración do Campionato de España de Clubs en categoría Infantil masculina na súa convocatoria de 2021. O Concello local e o Club Santo Domingo de Betanzos volven a apostar pola organización desta cita, a cal supón a estrea de Betanzos como sede para un Campionato de España Infantil, que neste caso terá lugar entre o 12 e o 18 de xuño.

A ratificación oficial da concesión por parte da Federación Galega de Baloncesto a Betanzos como sede deste Campionato tivo lugar este xoves coa sinatura do convenio entre as partes, representadas pola alcaldesa de Betanzos, María Barral; o presidente do club José M. Valeiro; e o Presidente FGB, Francisco Martín Micó.

Este encontro entre os implicados na organización supón un importante paso para consolidar a estrutura dun evento que contará con todas as garantías e medidas deportivas e sanitarias que a situación requira no momento da súa celebración, e que reunirá en Betanzos aos 32 mellores equipos masculinos nacionais en categoría infantil, co valor engadido no eido deportivo e social que isto supón.

Galicia, referente organizativo
A chegada do Campionato infantil masculino a Betanzos segue a consolidar a Galicia como sede referente para este evento, o cal leva acollendo, exceptuando a edición suspendida de 2020, durante os últimos seis anos:
2013 – 2014: Cambados
2014 – 2015: Cambados
2015 – 2016: Lugo
2016 – 2017: Cambados e Vilanova
2017 – 2018: Marín
2018 – 2019: Lugo

volver arriba

Colaboradores Institucionales

Concello de Santiago  Concello de Tui  Captura de pantalla completa 30032016 181327  Logo Ufedega AVATAR RRSS concello novo  Captura de pantalla completa 28042016 194652 porriño  
lugo logo-deputacion-ourense logo DEPUTACION PONT
Deputación da Coruña  logouvigo 

Colaboradores FGB


 
logo aneto logo special olympics galicia 2 shuka