Deporte Galego

Quenda Copeira para Durán Maquinaria Ensino

  • 04 Marzo 2021 |

Xa chegou o momento. A Copa da Raíña abre este xoves, 4 de marzo; as portas da conquista do seu título, e faino con acento lucense dentro do cadro dos oito mellores equipos da primeira volta da Liga Feminina Endesa, que se reúnen en Valencia para esta cita.

Copa da Raiña - Web Oficial 

Durán Maquinaria Ensino protagonizará un dos primeiros cuartos de final, rolda que inicia este torneo do KO. Perfumerías Avenida, vixente campión, será o primeiro obstáculo no camiño das galegas, un duelo que se poderá desfrutar esta mesta tarde (20.30 h) vía Teledeporte.

As restantes cruces, a seguir con atención para coñecer o posible destino do Ensino de gañar a súa cita desta tarde, configúranse do seguinte xeito:

Cuartos de Final (04/03/21)
C1: Spar Girona vs Movistar Estudiantes (17.30 h)
C2: Perfumerías Avenida vs Durán Maquinaria Ensino (20. 30 h)

Cuartos de Final (05/03/21)
C3: Lointek Gernika vs Ciudad de La Laguna Tenerife (17.00 h)
C4:Valencia Basket vs IDK Euskotren (20. 30 h)

Semifinais (06/03/21)
Vencedor 1 vs Vencedor C2 (13:00 h)
Vencedor C3 vs Vencedor C4 (17:00 h)

Final (07/03/21 - 13.30 h)

Área Arbitral
A achega galega a esta competición virá tamén coa presenza dos colexiados CGAB, Paula Lema e Cristian Martín. Ambos, están citados xa para os encontros de cuartos de final, supoñendo a terceira participación para ela nunha Copa da Raíña e o debut na mesma para el.

volver arriba

Colaboradores Institucionales

Concello de Santiago  Concello de Tui  Captura de pantalla completa 30032016 181327  Logo Ufedega AVATAR RRSS concello novo  Captura de pantalla completa 28042016 194652 porriño  
lugo logo-deputacion-ourense logo DEPUTACION PONT
Deputación da Coruña  logouvigo 

Colaboradores FGB


 
logo aneto logo special olympics galicia 2 shuka