Deporte Galego

A Comisión Delegada da FEB modifica os calendarios dos Campionatos de España

  • 22 Febreiro 2021 |
A Comisión Delegada da FEB modifica os calendarios dos Campionatos de España
(Foto:FEB)

Debido á situación excepcional, a Comisión Delegada da FEB modificou as datas da celebración dos Campionatos de España 2020/21 disputándose durante o mes de xuño, coincidindo coas vacacións escolares de verán.

O Mini 2021 atrásase ao mes de xuño, aproveitando as vacacións escolares de verán. No canto da tradicional cita en Semana Santa, o Campionato de España de Minibasket de Seleccións Autonómicas disputarase en San Fernando do 25 ao 29 de xuño. O calendario publicarase o próximo 25 de maio. Os Campionatos de España de clubs tamén atrasan o seu calendario, para que se poidan disputar a liga Regular e as fases autonómicas. Nesta ocasión abrirá o pano o Infantil, tanto en categoría masculina como feminina, disputándose entre os días 12 e 18 de xuño. Enlazará co Cadete, que atrasa as súas datas ata os días 18-24 de xuño, e terminará a tempada co Campionato de España Junior, que se xogará do 24 ao 30 de xuño. A Comisión Delegada da FEB tamén atrasou a disputa das Fases Finais de 1ª División Feminina (do 17 ao 20 de xuño) e 1ª Masculina (que deberán estar finalizadas antes do 20 de xuño).

volver arriba

Colaboradores Institucionales

Concello de Santiago  Concello de Tui  Captura de pantalla completa 30032016 181327  Logo Ufedega AVATAR RRSS concello novo  Captura de pantalla completa 28042016 194652 porriño  
lugo logo-deputacion-ourense logo DEPUTACION PONT
Deputación da Coruña  logouvigo 

Colaboradores FGB


 
logo aneto logo special olympics galicia 2 shuka