Actualizacións importantes para o Protocolo FISICOVID – DXTGALEGO FGB. Tras solicitude recibida por parte da Secretaría Xeral para o Deporte no marco do seu traballo en colaboración cos distintos coordinadores das Federacións, faise preciso adecuar os tres documentos diferenciados dos que se compón o Protocolo FGB, os cales achegamos xa modificados e nos que, de xeito específico, se presentan novidades nos seguintes puntos:
- Rexistro de Asistentes a actividades Deportivas: No caso deste novo requisito, a FGB porá a disposición dos clubs, e de xeito gratuito, a app “Afority”, destinada a realizar o servizo de control de aforos.
Esta posibilidade vén da man da colaboración da propia FGB con CLUPIK, start up de servicios tecnolóxicos e dixitais no ámbito do deporte.
- Medidas de Ventilación das Instalacións.
- Uso de Vestiarios.
- Uso de Baños.
- Coordinador FISICOVID - DXTGALEGO do Club/Entidade Deportiva.
- Procedemento de Comunicación de Incidencias (CLUBS, Federación e Secretaría Xeral para o Deporte.
Solicitamos a todos, unha vez máis, a consulta e lectura detida das actualizacións, e do protocolo ao completo, para seguir cumprindo, como ata o momento, os requisitos que permiten realizar a práctica federada do Baloncesto en Galicia.