Deporte Galego

Enquisa: incidencia do uso da máscara no Deporte Federado

  • 15 Decembro 2020 |

A Federación Galega de Baloncesto únese a Secretaría Xeral para o Deporte de cara a colaborar nos traballos de investigación que o organismo oficial do Deporte Galego está a realizar para avaliar a experiencia do uso da máscara no ámbito deportivo, tanto nos adestramentos como na competición oficial.

 

Esta tarefa de estudo, na que a Secretaría Xeral conta coa colaboración non só da FGB, senón tamén das restantes Federacións Deportivas galegas; articúlase, en parte, a modo de ENQUISA dirixida á totalidade dos deportistas federados. A mesma, é punto e importante do indicado traballo de investigación sobre a máscara na realidade actual do Deporte Galego e, aínda que se trata dun cuestionario de carácter voluntario e anónimo, cobra moito valor a participación de todos os federados, convidando de xeito especial aos pais, nais e titores dos xogadores menores de idade para que os animen a realizalo.

As respostas a esta enquisa só se procesarán para o obxectivo da investigación indicada, pero ante calquera dúbida sobre o proceso, desde a Secretaría Xeral permanecerá aberta vía de contacto a través de email: Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo.

Animándovos a participación, e agradecendo de antemán a vosa colaboración, aquí deixamos a ligazón directa ao indicado cuestionario: ENQUISA

volver arriba

Colaboradores Institucionales

Concello de Santiago  Concello de Tui  Captura de pantalla completa 30032016 181327  Logo Ufedega AVATAR RRSS concello novo  Captura de pantalla completa 28042016 194652 porriño  
lugo logo-deputacion-ourense logo DEPUTACION PONT
Deputación da Coruña  logouvigo 

Colaboradores FGB


 
logo aneto logo special olympics galicia 2 shuka