Deporte Galego

A 1º División Feminina actualiza as súas Bases e Protocolo COVID 19

  • 15 Octubre 2020 |

A 1º División Feminina modifica as súas Bases de Competición, data de inicio e calendarios. En virtude de circunstancias sanitarias, a competición, prevista ata o momento para comezar esta mesma fin de semana; varía o seu inicio marcado agora nunhas novas bases.

Será o vindeiro 25 de outubro cando arrinque a Liga, que nesta 2020 - 2021 conta con cinco equipos galegos encadrados no Grupo A1 - Subgrupo A para desputar entre eles a primeira fase de xogo.

Marín Peixe Galego, Peleteiro Hyupersa Santiago, Arxil Mafari Café, Seis do Nadal - Coia e Codigalco Carmelitas Ourense comezarán deste xeito unha competición que contará, xa a partir da súa segunda fase, con equipos das outras Federacións implicadas: Asturias, País Vasco e Cantabria.

Nos documentos que achegamos remitimos as novas bases indicadas, o protocolo específico COVID 19 para a categoría, así como os calendarios de xogo.

volver arriba

Colaboradores Institucionales

Concello de Santiago  Concello de Tui  Captura de pantalla completa 30032016 181327  cropped LOGO REDES 7 concello novo  Captura de pantalla completa 28042016 194652 porriño  
lugo logo-deputacion-ourense logo DEPUTACION PONT
Deputación da Coruña  logouvigo 

Colaboradores FGB


 
logo aneto logo special olympics galicia 2 shuka