A chegada de outubro abrirá a disputa da XXXV Copa Galicia Sénior Masculina. A edición 2020 da competición copeira da Federación Galega de Baloncesto comezará neste mes de outubro que entra, e en virtude da situación sanitaria e competitiva excepcional desta temporada, deixará a súa data final para o próximo xaneiro de 2021.
Monbus Obradoiro, Leche Río Breogán, Leyma Coruña e Ibereólica Renovables Ourense serán os catro protagonistas dunha Copa Galicia que se realizará coa pertinente autorización da Secretaria Xeral para o Deporte e cumprindo as súas instrucións e requisitos sanitarios precisos xa coñecidos polos clubs participantes.
Os tres clubs de Leb Ouro disputarán ao longo do mes de outubro as tres xornadas da fase previa, resultando o mellor equipo da mesma como o finalista que buscará a Copa no partido decisivo ante Monbus Obradoiro, clasificado directamente pola súa condición de equipo ACB.
O calendario desta XXXV edición, con datas aínda por confirmar definitivamente, faranos desfrutar da Copa Galicia coa seguinte programación:
Fase Previa
Xornada 1
LECHE RIO BREOGAN - IBEREOLICA RENOVABLES OURENSE (01/10/20 - 20.00 h) (Pazo Provincial dos Deportes) (81 - 54)
Xornada 2
IBEREOLICA RENOVABLES OURENSE - LEYMA CORUÑA (10/10/20 - 12.30 h)
Xornada 3
LEYMA CORUÑA - LECHE RIO BREOGAN (07/10/20 - 19.00 h) (Palacio Deportes) (75 - 72)
Final
MONBUS OBRADOIRO - 1º CLASIFICADO DA FASE PREVIA. Esta cita final terá lugar o día 20 ou o 21 de xaneiro do 2021. A data definitiva decidirase máis adiante e entre estas dúas opcións, sempre e cando o equipo LEB Ouro clasificado para a ocasión non teña que disputar a Final da Copa Princesa FEB, marcada tamén para esas datas. Neste último caso a Federación Galega de Baloncesto modificaría o día da final.