Deporte Galego

A Copa Galicia 2020 - 2021 cobra vida

  • 19 Setembro 2020 |

A Federación galega de Baloncesto, tras solicitar autorización correspondente á Secretaria Xeral para o Deporte para a disputa da Copa Galicia en categoría Sénior, e recibir da mesma as instrucións precisas relativas ao protocolo concreto a seguir xunto coas indicacións e requirimentos obrigatorios que deberán complementar este, pon en marcha a organización da competición.

Coa intención de iniciar a disputa desta Copa Galicia 2020 - 2021 de xeito inminente, e a falla de poder confirmar neste intre a totalidade de datas de xogo, será a Copa Galicia Sénior Feminina a primeira que arrincará e, sempre que o escenario sanitario o permita, celebrará a súa final o 28 de outubro.

A XXXIV edición da Copa Galicia Sénior Feminina contará coa importante e imprescindible colaboración dos clubs para poder levarse a cabo baixo o rigoroso cumprimento das medidas sanitarias, e cun formato de xogo que enfrontará en fase previa, repartidos en dous grupos, aos equipos de Liga Feminina 2. Posteriormente, os mellores de cada grupo disputarán unha semifinal da que sairá o equipo que se vexa as caras na final co Durán Maquinaria Ensino, clasificado directamente para a mesma pola súa condición de equipo de Liga Feminina Endesa

O calendario, con algunhas datas da fase previa xa fixadas, así como confirmadas as da semifinal e final, deixaranos os seguintes enfrontamentos:

Copa Galicia: Resultados

Fase Previa
Grupo Sur: AD Cortegada, RC Celta Zorka Recalvi e CB Arxil .
Grupo Norte: BAXI Ferrol, Maristas Coruña e ULLA OIL Rosalía.

1ª Xornada
CORTEGADA - CELTA ZORKA (23/09/20. 21.00 h). (Fontecarmoa 1) (65 - 76)
BAXI FERROL - MARISTAS CORUÑA (25/09/20. 20.00 h) (Pavillón A Malata)

2ª Xornada
CELTA ZORKA - ARXIL (22/09/20. 20.45 h) (Pavillón Navia) (64 - 59)
ROSALIA CASTRO - BAXI FERROL (23/09/20. 20.00 h) (Pavillón Rosalía de Castro) (52 - 71)

3ª Xornada
ARXIL - CORTEGADA (26/09/20. 19.30 h) (CGTD)
MARISTAS CORUÑA - ROSALIA CASTRO (26/09/20.18.00 h) (Colexio Maristas)

Fase Final
Semifinal - 12/10/20
1º GRUPO SUR – 1º GRUPO NORTE

Final - 28/10/20
DURAN MAQUINARIA ENSINO - GAÑADOR “A”

volver arriba

Colaboradores Institucionales

Concello de Santiago  Concello de Tui  Captura de pantalla completa 30032016 181327  cropped LOGO REDES 7 concello novo  Captura de pantalla completa 28042016 194652 porriño  
lugo logo-deputacion-ourense logo DEPUTACION PONT
Deputación da Coruña  logouvigo 

Colaboradores FGB


 
logo aneto logo special olympics galicia 2 shuka