Deporte Galego

Un paso adiante para o Baloncesto Galego!

  • 19 Setembro 2020 |

Na mañá do día de onte, venres, 18 de setembro; recibimos a nova da publicación no Diario Oficial de Galicia dunha importante modificación nas medidas de prevención previstas para facer fronte á crise sanitaria que estamos e a vivir. Esta actualización oficial incide directamente na práctica deportiva federada en Galicia, e por tanto no noso Baloncesto Autonómico.

En virtude desta crucial novidade, que entra en vigor a partir de hoxe mesmo, sábado, 19 de setembro; está permitido comezar a adestrar con contacto e tamén competir, sempre empregando as máscaras de protección e aplicando coa máxima precisión posible as restantes directrices do noso Protocolo FISIOCOVID- DXTGALEGO, o cal actualizaremos ao detalle conforme á nova modificación emitida no DOGA. Así mesmo, este importante paso adiante implicará o regreso ás competicións FGB, sempre que sexa posible e a situación sanitaria e os seus requerimentos o permitan, nas datas establecidas nas Bases de Competición.

Tras seis meses de cese de actividade deportiva e nun intre tan importante como é o de regresar a unha nova normalidade, queremos aproveitar para agradecer de novo a colaboración de todos os que formades parte da familia do Baloncesto, así como a comprensión ante os momentos vividos. Continuaremos a partir de hoxe dispoñibles para solventar todas aquelas cuestións que se produzan en torno a este novo escenario.

 

volver arriba

Colaboradores Institucionales

Concello de Santiago  Concello de Tui  Captura de pantalla completa 30032016 181327  cropped LOGO REDES 7 concello novo  Captura de pantalla completa 28042016 194652 porriño  
lugo logo-deputacion-ourense logo DEPUTACION PONT
Deputación da Coruña  logouvigo 

Colaboradores FGB


 
logo aneto logo special olympics galicia 2 shuka