Deporte Galego

O inicio das Competicións FGB 2020 - 2021, pendente da situación sanitaria

  • 28 Xullo 2020 |

A Federación Galega de Baloncesto vén de consultar á Secretaría Xeral para o Deporte as posibilidades de regreso á competición para as súas Ligas 2020 – 2021. Francisco Martín, Presidente da FGB; trasladou esta cuestión ao Secretario Xeral para o Deporte, José Ramón Lete, no marco da xuntanza organizada pola propia Secretaría na tarde do luns, 27 de xullo; cos representantes das 58 federación galegas deportivas.

Ante a actual realidade sanitaria e a inquedanza temporal que rodea ao inicio competicións federadas de ámbito non profesional, a Federación Galega de Baloncesto quixo aclarar coa Secretaría Xeral este punto, sobre o cal, dende a institución deportiva da Xunta de Galicia remarcouse a necesidade de traballar con “prudencia” e coa premisa de que “a actividade só poderá levarse a cabo cando existan garantías de seguridade e hixiene e non se produzan contaxios”.

Nesta mesma liña, o Secretario Xeral para o Deporte transmitiu que a actividade 6/16 escolar e federativa non será retomada ata o vindeiro mes de setembro, de novo, sempre e cando o permita a situación sanitaria.

Ligas FGB
Con este escenario, a Federación Galega de Baloncesto remarca que está preparada para o comezo das competicións nas datas aprobadas na súa Asemblea Xeral, celebrada o pasado 15 de xullo, pero estas activaranse unicamente cando as autoridades competentes o determinen como posible. A FGB sigue e seguirá traballando da man das institucións sanitarias e deportivas para, sempre que sexa necesario, adaptar o inicio das súas competicións nas diferentes categorías primando a saúde e a seguridade de todos os seus federados e seguindo a regulación marcada neste punto por parte da Secretaría Xeral para o Deporte.

volver arriba

Colaboradores Institucionales

Concello de Santiago  Concello de Tui  Captura de pantalla completa 30032016 181327  Logo Ufedega AVATAR RRSS concello novo  Captura de pantalla completa 28042016 194652 porriño  
lugo logo-deputacion-ourense logo DEPUTACION PONT
Deputación da Coruña  logouvigo 

Colaboradores FGB


 
logo aneto logo special olympics galicia 2 shuka