Deporte Galego

85.000 euros para o Baloncesto Galego

  • 15 Xullo 2020 |

 

A Federación Galega de Baloncesto destinará esta cantidade para comezar a impulsar a nova temporada de Baloncesto en Galicia marcada pola situación de emerxencia sanitaria e parón total vivido coa chegada da COVID 19.

 

O Presidente da Federación Galega de Baloncesto, Francisco Martín; anunciou esta tarde no marco da Asemblea Xeral Ordinaria da Federación Galega de Baloncesto, celebrada en Santiago de Compostela; que a entidade Federativa ven de establecer un plan de inxección económica para reactivar o baloncesto federado en Galicia que suporá unha achega de 85.000 euros para a nova temporada.

Esta cantidade, que depende directamente do presuposto da propia Federación, a falla, polo momento de posibles axudas doutra índole; articularase en torno a tres accións que redundarán directamente nos necesarios trámites económicos dos Clubs, imprescindibles para o inicio administrativo das competicións 2020 – 20201.

En primeiro lugar, e tal e como explicou o máximo mandatario FGB; nesta nova temporada conxelaranse os importes de cota de inscrición, licencia. mutualidade e tarifas arbitrais, indistintamente da categoría.

No relativo, en concreto, ás cotas de inscrición, a FGB estableceraas como gratuítas para todos aqueles equipo de 2º divisións júnior, cadete, infantil, minibasket e preminibasket; e, para as restantes categorías, raalizarase un desconto dun 50%. Finalmente, pola parte referente á cota autonómica, a FGB anuncia que esta reducirase nun 50% para a totalidade de categorías.

Estas tres primeiras medidas, tal e como detallou o Presidente FGB “son o resultado do traballo da Xunta directiva FGB e o seu gabinete económico na busca de axudar a garantir un escenario máis axeitado a Nova Normalidade económica que afrontan os clubs e federación deportivas en Galicia, unha realidade marcada pola inquedanza a corto e longo prazo”. A entidade Federativa, remarcou; “continuará igualmente traballando para non deixar atrás a ningún club, ou membro do Baloncesto Galego”.

volver arriba

Colaboradores Institucionales

Concello de Santiago  Concello de Tui  Captura de pantalla completa 30032016 181327  Logo Ufedega AVATAR RRSS concello novo  Captura de pantalla completa 28042016 194652 porriño  
lugo logo-deputacion-ourense logo DEPUTACION PONT
Deputación da Coruña  logouvigo 

Colaboradores FGB


 
logo aneto logo special olympics galicia 2 shuka