Deporte Galego

Peche definitivo para as competicións 2019 - 2020

  • 12 Maio 2020 |

 A Federación Galega de Baloncesto dá por concluída a temporada 2019 - 2020. A entidade federativa, tras finiquitar a consulta realizada á súa Asemblea Xeral, na que se lle cuestionaba sobre o criterio de actuación respecto a todas as competicións vixentes ante o escenario de alerta sanitaria e estado de alarma, comunica que estas finalizan de xeito definitivo.

 

En concreto, e cunha participación total do 73% da Asemblea FGB, a opción resultante como a máis votada, elixida por máis da metade dos votantes; foi a de non continuar coa competición, pechando as ligas sen palmarés de campións nin descensos e, no caso daquelas que tivesen establecidos ascensos, disputar fases clasificatorias no futuro, en forma e data a determinar.

Encaramos unha situación que a Federación Galega de Baloncesto nunca quixera ter que afrontar, pero a prioridade neste intre é a saúde de todos, cumprir as medidas marcadas polas autoridades sanitarias, así como respectar a decisión da Asemblea Xeral, órgano supremo da FGB. Neste punto, a Federación Galega de Baloncesto lamenta todas as molestias que este peche competitivo pode ocasionar, e quere recoñecer e agradecer o esforzo humano e a comprensión de toda a familia do Baloncesto Galego: xogadores, adestradores, árbitros, oficiais de mesa, persoal deportivo e directivo dos clubs e afeccionados.

Dende este mesmo intre, a FGB continúa traballando a través da súa Xunta Directiva e Comisión Delegada no estudo das bases de competición da vindeira temporada e das medidas necesarias a tomar para protexer ao Baloncesto Galego e ao seus clubs ante o novo escenario sanitario, deportivo e estrutural que debemos afrontar.

Incidir en que a FGB continúa dispoñible para o contacto directo con todos os clubs e federados de xeito virtual a través dos seus mails oficiais e redes sociais.

volver arriba

Colaboradores Institucionales

Concello de Santiago  Concello de Tui  Captura de pantalla completa 30032016 181327  cropped LOGO REDES 7 concello novo  Captura de pantalla completa 28042016 194652 porriño  
lugo logo-deputacion-ourense logo DEPUTACION PONT
Deputación da Coruña  logouvigo 

Colaboradores FGB


 
logo aneto logo special olympics galicia 2 shuka