Deporte Galego

A Federación Galega de Baloncesto presenta un ERTE

  • 02 Abril 2020 |

Trátase dun Expediente de Regulación Temporal de Emprego de carácter parcial polo que a FGB asegura manter o servicio básico nas súas principais áreas de traballo.

A Federación Galega de Baloncesto presentou este xoves a solicitude dun ERTE por forza maior acolléndose ao Real Decreto-ley 8/2020 de 17 de marzo no que se establecen as medidas laborais para facer fronte ao efecto económico xerado polo Covid-19.

A entidade que dirixe o Baloncesto autonómico actualiza a súa situación con este Expediente de Regulación Temporal de Emprego (ERTE) de carácter parcial que afecta á totalide da súa plantilla e que se estenderá ata o cese do Estado de Alarma,

A dirección da FGB, liderada polo seu presidente, Francisco Martín; comunicou esta situación aos empregados do ente federativo e agradeceulles a súa comprensión e esforzo nestes intres, nos que as competicións de carácter autonómico rexidas pola Federación Galega de Baloncesto permanecen suspendidas de xeito indefinido ante a situación de emerxencia actual.

Neste novo escenario, a Federación Galega de Baloncesto manterá o seu servicio esencial aos clubs e federados. Esta atención seguirá realizándose vía mail, a través dos correos oficiais.

volver arriba

Colaboradores Institucionales

Concello de Santiago  Concello de Tui  Captura de pantalla completa 30032016 181327  cropped LOGO REDES 7 concello novo  Captura de pantalla completa 28042016 194652 porriño  
lugo logo-deputacion-ourense logo DEPUTACION PONT
Deputación da Coruña  logouvigo 

Colaboradores FGB


 
logo aneto logo special olympics galicia 2 shuka