Deporte Galego

Aclaración Importante: Seguro Deportivo AXA HOWDEN - Federación Galega de Baloncesto

  • 18 Marzo 2020 |

A Federación Galega de Baloncesto, como continuación á información xa enviada aos clubs referente ao SEGURO DE ACCIDENTE , desexamos aclarar o seguinte:

- A póliza atópase 100% en vigor e todos os federados atópanse asegurados pola mesma, quedando por suposto garantizada a asistencia sanitaria para todos os sinistros abertos/declarados con anterioridade ao 14/03, na medida en que a situación sanitaria o permita (como sabedes, os hospitais están colapsados sobretodo nas CCAA especialmente afectadas polo COVID-19).

- En relación á cobertura ou non de novos accidentes sufridos durante o Estado de Alarma, e unha vez consensuado previamente co Asegurador, indicaros o seguinte:

1. Non terán cobertura dende o día 14/03 os accidentes producidos a consecuencia de non seguir as instruccións do Consello Superior de Deportes, que suspendeu conforme as instruccións do Goberno, a práctica deportiva tanto de competición como de adestramentos, en espazos pechados e abertos.

2. Non terán cobertura os accidentes debidos á imprudencia ou neglixencia grave declarada xudicialmente.

3. A prestación da aseguradora quedará limitada ao adestramento en domicilio. Nestes casos terá que certificar a Federación que ese accidente responde ao ámbito de cobertura do seguro obrigatorio.

Tanto desde AXA-HOWDEN como dende a Federación Galega de Baloncesto pregamos a todos os Federados que limiten a súa actividade deportiva (si é que as condicións do seu domicilio o permiten de cara a realizar adestramentos de baloncesto) o máximo posible, dado que as clínicas privadas están a libre disposición do Ministerio de Sanidade, quen as coordina para atender, como todos sabemos, casos máis prioritarios e urxentes dada a situación de emerxencia sanitaria actual.

Calquer eventualidade de asistencia podería impedir que a reciba un paciente máis grave e é responsabilidade de todos poder axudar nestas circunstancias limitando nosa actividade ao máximo para saír, á maior brevidade posible, de esta situación que, como sabemos, afecta ao conxunto da sociedade.

Gracias pola vosa colaboración!!

#euquedonacasa

 

volver arriba

Colaboradores Institucionales

Concello de Santiago  Concello de Tui  Captura de pantalla completa 30032016 181327  cropped LOGO REDES 7 concello novo  Captura de pantalla completa 28042016 194652 porriño  
lugo logo-deputacion-ourense logo DEPUTACION PONT
Deputación da Coruña  logouvigo 

Colaboradores FGB


 
logo aneto logo special olympics galicia 2 shuka