Deporte Galego

O Monbus Obradoiro homenaxeará aos federados no partido contra o Valencia Basket

  • 13 Xaneiro 2020 |

 A Liga Endesa regresará á Caldeira o domingo 26 de xaneiro, ás 20:00 horas, momento no que os obradoiristas recibirán ao Valencia Basket, o único equipo de Euroliga que falta por pasar por Sar, nun partido no que se recoñecerá aos Federados de baloncesto e renderase homenaxe ás nosas Seleccións Autonómicas Infantís, Cadete e Minibasket. 

 

Así, os federados con licenzas da Federación Galega de Baloncesto poderán comprar entradas a 9 €  en Tribuna 2 ou a 15 € en Tribuna 1 desde xa mesmo para eles e os seus familiares directos.

As entradas poden adquirirse ata o propio día do partido nas oficinas do club (de luns a venres, de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 horas), ou a través da páxina web do club, rexistrándose previamente. Para este último caso online, os federados poderán obter un código de desconto chamando ao teléfono 981585040 ou solicitándoo vía mail a Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo.

O prezo xeral das entradas para este partido é de 25 € en Fondos, 29 € en Tribuna 2, 35 € en Tribuna 1 e 39 € en Retráctil. Os prezos en Tarifa Xuvenil (entre 13 e 17 anos) son 19 € en Fondos, 25 € en Tribuna 2, 29 € en Tribuna 1 e 35 € en Retráctil. Na Tarifa Infantil (entre 5 e 12 anos) os prezos son de 15 € en Fondos, 19 € en Tribuna 2, 25 € en Tribuna 1 e 29 € en Retráctiles.

volver arriba

Colaboradores Institucionales

Concello de Santiago  Concello de Tui  Captura de pantalla completa 30032016 181327  cropped LOGO REDES 7 concello novo  Captura de pantalla completa 28042016 194652 porriño  
lugo logo-deputacion-ourense logo DEPUTACION PONT
Deputación da Coruña  logouvigo 

Colaboradores FGB


 
logo aneto logo special olympics galicia 2 shuka