Deporte Galego

A FGB dá a coñecer a súa Postal de Nadal

  • 19 Decembro 2019 |

Xa temos postal para estas festas!. A Federación Galega de Baloncesto escolle o debuxo creado por Carla González Calvo, do CB Viveiro; como a vencedora da décima edición do Certame de Deseño “O Baloncesto e o Nadal”.
A proposta enviada por Carla (11 anos de idade) convértese na postal oficial coa que a FGB quere desexar a todos os federados e afeccionados un Feliz Nadal e un gran 2020.

Carla, en virtude deste 1º premio no noso concurso, recibirá un pack de agasallos especiais grazas á cortesía da FGB, e de CAIXABANK e ESEKA Sports, colaboradoras ambas da FGB nesta actividade.

2º Premio

Esta X edición do noso certame recoñece tamén cun segundo premio o traballo de Elia Rivera Mayo (9 anos), xogadora do CB Brión, quen tamén recibirá un lote de agasallos, tal e como se establece nas bases oficiais. Parabéns a ambas! 

2 premio b
Agradecemento
A Federación Galega de Baloncesto quere agradecer tamén a participación de todos os xogadores e xogadoras que enviaron os seus deseños nesta ocasión, así como recoñecer a labor dos clubs e familiares que os animaron a formar parte desta iniciativa.

volver arriba

Colaboradores Institucionales

Concello de Santiago  Concello de Tui  Captura de pantalla completa 30032016 181327  cropped LOGO REDES 7 concello novo  Captura de pantalla completa 28042016 194652 porriño  
lugo logo-deputacion-ourense logo DEPUTACION PONT
Deputación da Coruña  logouvigo 

Colaboradores FGB


 
logo aneto logo special olympics galicia 2 shuka