Deporte Galego

A Área Deportiva FGB crece

  • 23 Octubre 2019 |
Miguel García e Iago Mariñas
Miguel García e Iago Mariñas

A nova temporada 2019 – 2020, e os seu novos retos a nivel deportivo e de traballo para a FGB, vén da man de dúas incorporacións á Estrutura Deportiva desta federación. Nesta área concreta, que encabeza Carlos Colinas como máximo responsable dende fai oito anos; sumánse agora dúas novas figuras que actuarán en estreita colaboración.

A incorporación con máis peso materialízase coa chegada de Miguel García Feijoo de Sotomayor como novo Coordinador da labor de tecnificación FGB. Miguel, adestrador Superior de Baloncesto e Licenciado en Ciencias da Actividade Física, chega á dinámica FGB tras unha ampla traxectoria no mundo do deporte que inclúe a recente faceta como Xerente do Club Básquet Coruña (entre 2015 e 2019), así como a realización de labores técnicas na canteira e no primeiro equipo do propio club herculino. Xa  no presente, o seu obxectivo na FGB será o control e organización da parcela de tecnificación, un chanzo imprescindible na programación anual desta federación.

Reforzo aos PDC

O programa de control e Seguimento FGB sumará, ademáis desta coordinación, un perfil máis: o do coordinador de PDCs. Este será desenvolvido por Iago Mariñas Marzoa, adestrador en activo actualmente na disciplina de Basquet Coruña.  O traballo de ambos, tanto o de Miguel Feijoo como o de Iago, súmanse, dende xa, ao que veñen realizando os responsables deportivos zonais nas sete delegacións, configurando así un conxunto que funcione a pleno rendemento.

volver arriba

Colaboradores Institucionales

Concello de Santiago  Concello de Tui  Captura de pantalla completa 30032016 181327  cropped LOGO REDES 7 concello novo  Captura de pantalla completa 28042016 194652 porriño  
lugo logo-deputacion-ourense logo DEPUTACION PONT
Deputación da Coruña  logouvigo 

Colaboradores FGB


 
logo aneto logo special olympics galicia 2 shuka