Deporte Galego

Narón sede para a Final da "Copa Galicia Sénior Feminina - Memorial Ricardo Méndez"

  • 19 Setembro 2019 |

(info: Concello de Narón) O Concello de Narón acolleu esta mañá o acto de presentación da final “XXXIII Copa Galicia Sénior feminina”, encontro que se disputará este sábado,  21 de setembro, ás 19.00 horas; no pavillón polideportivo da Gándara entre Durán Maquinaria Ensino, Finalista directo pola súa condición de equipo de Liga Feminina; e Real Club Celta de Vigo, clasificado tras a desputa da Fase Previa. 

Nesta posta de longo, o presidente da Federación Galega de Baloncesto, Francisco Martín agradeceu a aposta de Universitario Ferrol por organizar esta final e ao Concello de Narón o feito de poder celebrala nesta cidade. Así mesmo, o máximo mandatario FGB explicou a índole especial que terá esta edición da Copa. “Este ano a parte de ser Copa Galicia feminina quixemos brindar unha homenaxe en memoria do noso compañeiro, directivo e tesoureiro da Federación Galega, Ricardo Méndez, que faleceu recentemente e que durante dez anos traballou desisteresadamente polo baloncesto dende o seu posto como directivo”. No descanso do partido, tal e como explicou Martín, realizarse ese recoñecemento ao que acudirán a viúva e a filla de Méndez, esta última tamén xogadora de baloncesto.

20190919105952 IMG 0180

Pola súa banda, o presidente de Universitario Ferrol, Leopoldo Ibáñez, tivo tamén palabras de agradecemento para a Federación Galega de Baloncesto e “especialmente, para o Concello de Narón. “Este ano existiron unhas connotacións respecto ás instalacións deportivas que finalmente se salvaron porque sempre estivo aí dende o primeiro momento para botarnos unha man e por iso esta Copa Galicia vaise celebrar en Narón”. No apartado deportivo, Ibáñez  valorou esta final de Copa Galicia como “a mellor oportunidade para pulsar o nivel do baloncesto feminino galego nun encontro que, a pesar de ser en pretempada, vai ser, dende o punto de vista deportivo, da maior calidade posible”. Finalmente, indicou que era "unha pena que ao final onte o Universitario non puidese clasificarse, porque sería un valor engadido para os afeccionados de Ferrol e comarca, pero aínda así será unha final do máis alto nivel de cara ao inicio da tempada”. Finalmente, o presidente do Uni Ferrol fixo un chamamento á aficción do Universitario para que acuda ao partido do sábado na Gándara.


Por último, o concelleiro de Deportes de Narón, José Oreona, deu a benvida ao baloncesto galego feminino á cidade e agradeceu a confianza da Federación Galega de Baloncesto e do Universitario Ferrol para levar a cabo este partido. “Todo o mundo sabe que Narón é deporte e que nós sempre estamos disposto a botar unha man cando faga falta, porque nós non gastamos en deporte, investimos en deporte”, recalcou o edil. Oreona animou tamén á cidadanía a acudir ao encontro do sábado para gozar do baloncesto feminino.

Entradas

O acceso ao partido será gratuíto para os abonados de Universitario Ferrol. Os restantes afeccionados que desexen desfrutar da final poderán mercar as súas entradas desde unha hora antes do comezo da mesma, no propio pavillón. O prezo será de 5 eursos para os maiores de idade, e de 2 euros para as persoas entre 12 e 18 anos. 

volver arriba

Colaboradores Institucionales

Concello de Santiago  Concello de Tui  Captura de pantalla completa 30032016 181327  cropped LOGO REDES 7 concello novo  Captura de pantalla completa 28042016 194652 porriño  
lugo logo-deputacion-ourense logo DEPUTACION PONT
Deputación da Coruña  logouvigo 

Colaboradores FGB


 
logo aneto logo special olympics galicia 2 shuka