Deporte Galego

A Copa Galicia Sénior Masculina modifica o seu calendario

  • 02 Agosto 2019 |

A Copa Galicia de Baloncesto Sénior Masculina reestrutura o seu calendario. Esta XXXIV edición da Copa, que inicialmente se ía disputar na súa totalidade en Marín, muda o seu calendario debido a incompatibilidade de datas e pasa a redistribuír as xornadas de xogo que neste 2019 protagonizarán Monbus Obradoiro, Leche Río Breogán, Leyma Básquet Coruña, Club Ourense Baloncesto e Marín ENCE Peixegalego.

Así, e continuando Club Baloncesto Peixefresco Marín e o Concello local como coorganizadores da Fase Final desta Copa Galicia Masculina 2019, o novo calendario de xogo deixa este formato, sedes e novas datas:

 Cuartos de Final

(07/09/19) Marín ENCE Peixegalego - LEYMA Basquet Coruña (X)
Sede: Pavillón de A Raña. (Marín)
Hora: por determinar.

(14/09/19 o 15/09/19) LECHE RIO Breogán – Club Ourense Baloncesto (Y)
Sede: ainda por determinar.
Hora: por determinar.

Os gañadores de ambos encontros desputarán a semifinal o 20/09/19.

Semifinal

(20/09/19) GAÑADOR X - GAÑADOR Y (A)
Sede: Pavillón A Raña (Marín).
Hora: por determinar.

O vencedor desta eliminatoria disputará en Marín, o 22/09/19; a final ante Monbus Obradoiro, clasificado directamente para esta rolda decisiva pola súa condición ACB.

Final
(22/09/19) MONBUS OBRADOIRO – GAÑADOR A
Sede: Pavillón A Raña (Marín).
Hora: 12.00 h

A sede dos cuartos de final que resta por coñecerse, así como os horarios concretos de todos os encontros previos á final, confirmaranse en vindeiras datas.

volver arriba

Colaboradores Institucionales

Concello de Santiago  Concello de Tui  Captura de pantalla completa 30032016 181327   concello novo  Captura de pantalla completa 28042016 194652 porriño Captura de pantalla completa 08112017 105358 
lugo logo-deputacion-ourense logo DEPUTACION PONT
Deputación da Coruña  logouvigo 

Colaboradores FGB


 
logo aneto logo special olympics galicia 2 shuka