Deporte Galego

A "VI Jamboree Nacional Minibasket de Clubs" pecha a temporada

  • 20 Xuño 2019 |

Chega a VI edición da Jamboree Nacional de Clubs Minibasket, cita que a Federación Galega de Baloncesto organiza dende o ano 2014 coa colaboración do Concello de Santiago. Este campionato oficioso e amigable desputarase na capital galega entre este sábado, 22 de xuño; e o martes 25, achegando á mesma a un total de 300 participantes pertencentes a diferentes clubs galegos e de ámbito nacional.

A concelleira de Deportes de Santiago, Esther Pedrosa; e o Presidente da Federación Galega, Franscisco Martín; presentaron neste xoves os detalles desta VI edición da Jamboree, a cal terá lugar, ao completo, no pavillón do Restollal, e na que tomarán parte un total de 20 equipos: 9 masculinos e 11 femininos.

64833476 2425225017707575 7821148936508276736 n 1

Estes 20 equipos participantes desputarán 56 partidos cubrindo tres pistas de xogo simultaneamente durante as catro xornadas de xogo. A competición levarase a cabo con dous grupos en cada categoría, tanto masculina como feminina, cubrindo liga a unha volta e deixando as cruces clasificatorias e finais para as xorandas de luns pola tarde e martes pola mañá.
Os equipos participantes son:

En categoría masculina: CD Enrique Soler (Melilla), Muebles Victoria Barco (Barco de Valdeorras), AD Valle Inclán (Oleiros), Estudiantes Leyma Natura (Lugo), Aranguren Mutilbasket (Navarra), FEDESA (Santiago de Compostela), Obradoiro CAB (Santiago de Compostela), La Salle (Melilla) e Estudiantes de Pontevedra (Pontevedra).

En feminina: Celta Zorka Celeste (Vigo), Muebles Victoria Barco (Barco de Valdeorras), CB Seis do Nadal (Vigo), Estudiantes Lugo Leyma Natura (Lugo), Baloncesto Femenino León (León), ), FEDESA (Santiago de Compostela), Cluny (Santiago de Compostela), La Salle (Melilla), Salesianos (Vigo) e AD ValleInclán (Oleiros).

O calendario de xogo para esta VI Jamboree Minibasket de Clubs pode consultarse xa nos documento que se achega. 

volver arriba

Colaboradores Institucionales

Concello de Santiago  Concello de Tui  Captura de pantalla completa 30032016 181327  cropped LOGO REDES 7 concello novo  Captura de pantalla completa 28042016 194652 porriño  
lugo logo-deputacion-ourense logo DEPUTACION PONT
Deputación da Coruña  logouvigo 

Colaboradores FGB


 
logo aneto logo special olympics galicia 2 shuka