Deporte Galego

A Liga Sub 22 actívase en Compostela

  • 14 Maio 2019 |

Fin de semana de estrea para a Liga Sub 22 Masculina. Porriño Baloncesto Base, Santo Domingo Betanzos, Estudiantes de Lugo, Obradoiro CAB, Rosalía de Castro e Ponferrada competirán esta temporada ao longo de tres concentracións previas e consecutivas de xogo, e unha definitiva para as cruces clasificatorias.

A Fase inicial arrinca xa este sábado, 18 de maio; en Compostela, sede na que repetirá a fin de semana do 25 e 26 de maio, para finalizar posteriormente, o 8 e 9 de xuño en Betanzos. Pola súa banda, a rolda definitiva celebrarase entre o 15 e o 16 de xuño nunha sede aínda por designar. Os enfrontamentos de cada fase, así como os horarios concretos da primeira delas poden consultarse no documento que achegamos.

Liga Sub 22 Masculina 2018 - 2019 

Xornada 1 - 18/05/19 (Pavillón Fontiñas. Santiago de Compostela)

(12.00 h) Santo Domingo Betanzos - Estudiantes Lugo Leyma Natura

(10.00 h) Obradoiro CAB - Porriño Baloncesto Base

(17.00 h) Perdedor X - Perdedor Y

(19.00 h) Gañador X - Gañador Y 

 

 

volver arriba

Colaboradores Institucionales

Concello de Santiago  Concello de Tui  Captura de pantalla completa 30032016 181327   concello novo  Captura de pantalla completa 28042016 194652 porriño Captura de pantalla completa 08112017 105358 
lugo logo-deputacion-ourense logo DEPUTACION PONT
Deputación da Coruña  logouvigo 

Colaboradores FGB


 
logo aneto logo special olympics galicia 2 shuka