Deporte Galego

II Día do Adestrador: Fichas Temáticas para a "Mostra de Tarefas"

  • 14 Maio 2019 |

O anunciado é debeda. O “II Día do adestrador” vivirá a súa segunda edición o 9 de xuño e con ela chegan as “Tarefas Estrela” novidade xa anunciada AQUÍ e da que hoxe facemos pública a súa ferramenta de presentación: as FICHAS TEMÁTICAS. 

Para participar desta actividade, aberta a todos os adestradores que o desexen, será preciso dispoñer destas fichas oficias, listas para a súa descarga. Deste xeito, os adestradores e adestradoras que desexen presentar as súas propostas poden facelo, desde xa, en torno a cinco posibilidades temáticas (Construción ofensiva, Construción defensiva, Fundamentos técnico- tácticos ofensivos, Spacing- timing- extra pass, Transición ofensiva e Balance defensivo) a presentar nas súas fichas correspondentes, acompañadas de soportes de vídeo, e preparadas para unha duración expositiva de, máximo, un minuto e 30 segundos.

Lembramos que todos os traballos deberán enviarse antes do 30 de maio vía mail á dirección Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo.. Os valorados como os 20 mellores incorporaranse ao programa do “II Día do Adestrador” proxectándose esa mesma data da man dos seus propios autores e baixo a coordinación de Antonio Pérez Caínzos e Román Gómez, responsables da “Mostra”.

Animádevos a participar! De feito, así vos convida a facelo o Director Técnico, e unha das alma máter deste proxecto, Antonio Pérez: 

D6hCZ9cXoAAIcJf

volver arriba

Colaboradores Institucionales

Concello de Santiago  Concello de Tui  Captura de pantalla completa 30032016 181327   concello novo  Captura de pantalla completa 28042016 194652 porriño Captura de pantalla completa 08112017 105358 
lugo logo-deputacion-ourense logo DEPUTACION PONT
Deputación da Coruña  logouvigo 

Colaboradores FGB


 
logo aneto logo special olympics galicia 2 shuka