Deporte Galego

Marín e Lugo, sedes para os Campionatos de España Infantís de Clubs

  • 05 Abril 2019 |
Real Madrid, Campión infantil 2018 en Marín
Real Madrid, Campión infantil 2018 en Marín

Galicia volve a ser o escenario dos Campionatos Infantís de Clubs FEB. A nosa Comunidade, sede ininterrumpida para os nacionais desta categoría dende a temporada 2013 - 2014, recolle de novo o protagonismo para, neste 2019, recibir en Lugo e Marín, entre o 9 e o 15 de xuño; aos os 32 mellores equipos do país, tanto en masculino como en feminino, respectivamente.

A vila de Marín repetirá por terceiro ano consecutivo (2016 - 2017, categoría feminina; e 2017 - 2018, categoría masculina) como anfitrioa do Campionato de España Infantil. Federación Galega de Baloncesto e CB Peixefresco coorganizarán a presente edición FEMININA, contando coa colaboración do Concello de Marín e o Colexio San Narciso. 

Pola súa banda, Lugo será o destino da categoría masculina, contando coa organización de Estudiantes Lugo, o patrocinio de Leyma e a colaboración de C.B Sarria, Concello de Lugo, Concello de Sarria e Deputación de Lugo. A cidade da Muralla, man a man coa vila de Sarria, recibirá de novo a visita dunha competición destas características, tal e como xa ocorreu nas temporadas 2015 - 2016 (infantil masculino); e na máis recente 2016 - 2017 co campionato Júnior Feminino.

En ambos os casos, a conta atrás xa está en marcha confiando en repetir o éxito organizativo e a boa acollida que Galicia sempre brinda a estas competicións.

volver arriba

Colaboradores Institucionales

Concello de Santiago  Concello de Tui  Captura de pantalla completa 30032016 181327   concello novo  Captura de pantalla completa 28042016 194652 porriño Captura de pantalla completa 08112017 105358 
lugo logo-deputacion-ourense logo DEPUTACION PONT
Deputación da Coruña  logouvigo 

Colaboradores FGB


 
logo aneto logo special olympics galicia 2 shuka