O Presidente FEB estreita lazos co Baloncesto Galego

Luns, 04 Febreiro 2019 19:05

O presidente da Federación Española de Baloncesto, Jorge Garbajosa, visitou este luns, 4 de febreiro; a capital de Galicia para manter un encontro cos responsables da Federación Galega de Baloncesto, así como para tomar parte dun coloquio aberto cos todos aqueles federados que asistiron a invitación cursada pola propia federación autonómica.

O máximo mandatario FEB cubriu unha axenda completa na súa visita a Santiago de Compostela. En primeira instancia, pasou a mañá compartindo conversa e debate co Presidente FGB, Francisco Martín; así como cos diferentes responsables das áreas de traballo da Federación autonómica: Carlos Colinas, Director Deportivo; e Miguel Ángel Pérez, Director Técnico do Comité Galego de árbitros. Xunto a eles, como parte importante da reunión estivo Elisa Aguilar, directora das Competicións FEB.

Xa en horario de tarde, Jorge Garbajosa mantivo un encontro con máis dunha trintena de federados, entre os que se deron cita árbitros, xogadores, adestradores e directivos de clubs de toda Galicia. Os presentes fixeron partícipe ao Presidente FEB das súas inquedanzas con respecto a súa realidade actual no Baloncesto Galego desde as súas diferentes parcelas.

Garbajosa deu resposta a todos eles e agradecendo a ampla expectación xerada pola súa visita, amosouse "agradecido pola invitación da Federación Galega de Baloncesto, a cal permite por poder amosar e escenificar a excelente relación entre ambas as institucións: FEB e FGB". Neste senso, incidiu no seu convencemento da capacidade de ambas as federacións para "aumentar e intensificar a presencia do baloncesto galego en todos estamentos do panorama nacional". Con esta idea de proxección, e de cara ao futuro, o Presidente FEB remarcou a opción, posta xa sobre a mesa, de "traballar e buscar proxectos novos para poder realizar en Galicia e levar a cabo conxuntamente coa Federación Galega de Baloncesto”. No obxectivo común, finalizou, queda a “aposta polas competicións FEB en Galicia, deixando como exemplo a celebración e boa organización rexistrada nesta Comunidade, en temporadas pasadas, dos Campionatos de España de clubs Infantís”.

Dyk9ICSXQAAuIyC

A tarde rematou para o Presidente FEB cunha nova rolda de preguntas esta vez ante os medios de comunicación, aos que tamén deu cumprida resposta a todas aquelas cuestións de actualidade sobre a estructura de traballo da Federación que preside e de como afecta ao ámbito galego. 

Formación

Novas máis vistas

Colaboradores Institucionales

Concello de Santiago         Concello de Tui       Captura de pantalla completa 30032016 181327

 

 

 

  

concello novo 

Captura de pantalla completa 28042016 194652

porriño  Captura de pantalla completa 08112017 105358 
lugo logo-deputacion-ourense logo DEPUTACION PONT
Deputación da Coruña  logouvigo 

Colaboradores FGB


 
 logo aneto  logo special olympics galicia 2 shuka 

© 2019 Federación Galega de Baloncesto

Utilizamos cookies para mellorar a súa experiencia e os nosos servizos, analizando a navegación no noso sitio web. Se continua navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información pulsando aquí: Máis información sobre a nosa política de cookies consulta a nosa Política de Cookies.

Acepto as cookies

F.G.B.