Deporte Galego

Copa Galicia Júnior: R.C. Celta Zorka e Estudiantes Lugo Leyma Natura, campións

  • 03 Octubre 2018 |

A Copa Galicia Júnior centrou a atención esta primeira fin de semana de outubro. A Fase Final desta competición, tanto en categoría feminina como masculina; repartiu xogo nas cidades de Vigo e Lugo baixo a organización de CD Bosco e Estudiantes Lugo, respectivamente.

Campións FGB 2018 - 2019: galería de imaxes

A cidade da muralla foi o sábado a sede para a copa masculina, despregando o seu xogo na pista do Anexo 1 o anfitrión, Estudiantes Lugo; Bosco Salesianos, Club Ourense Baloncesto e Instituto Rosalía. Da disputa resultaron vencedores os lucenses, impoñendose na casa, nunha intensa final, ante Club Ourense Baloncesto (108 - 76).

Co mesmo formato pero na xornada do domingo 7, tomou o relevo a categoría feminina con sede no Pavillón vigués de Navia. Neste caso, a "loita" pola Copa autonómica veu da man de R.C. Celta, Estudiantes Lugo, Compañía de María e Peleteiro. Repetindo o esquema masculino, foron tamén as anfitrioas as vecendoras finais, rexistrando a súa vitoria ante Estud¡antes Lugo nun duelo aberto (67 - 48)

Fase Final Copa Galicia Júnior Masculina (Lugo - 06/10/18)

IMG-20181006-WA0040

(10:30 h) Estudiantes Lugo Leyma Natura - Bosco Salesianos (94 - 73)

(12:30 h) Club Ourense Baloncesto - Instituto Rosalía (87 - 67)

(17: 30 h) 3º e 4º posto: Bosco Salesianos - Instituto Rosalía (82 - 52)

(19:30 h) Final: Estudiantes Lugo Leyma Natura - Club Ourense Baloncesto (108 - 76)

Fase Final Copa Galicia Júnior Feminina (Vigo - 07/10/18)

IMG 6625-001

(10:00 h) R.C. Celta Zorka - Peleteiro (80 - 50)

(12:00 h) Estudiantes Lugo Leyma Natura - Compañia de María (56 - 40)

(17:30 h) 3º - 4º posto: Compañía de María - Peleteiro (56 - 55)

(17:30 h) Final: R.C. Celta Zorka - Estudiantes Lugo Leyma Natura (67 - 48)

volver arriba

Colaboradores Institucionales

Concello de Santiago  Concello de Tui  Captura de pantalla completa 30032016 181327  cropped LOGO REDES 7 concello novo  Captura de pantalla completa 28042016 194652 porriño  
lugo logo-deputacion-ourense logo DEPUTACION PONT
Deputación da Coruña  logouvigo 

Colaboradores FGB


 
logo aneto logo special olympics galicia 2 shuka