XXXIII Copa Galicia Sénior Masculina: calendario

Luns, 30 Xullo 2018 10:02

A Copa Galicia Sénior Masculina 2018 - 2019 cobra vida. A cita tradicional que a Federación de Baloncesto organiza cada pretemporada celebra este ano a súa XXXIII edición con cinco protagonistas: Monbus Obradoiro, Cafés Candelas Breogán, Leyma Basquet Coruña, Rio Ourense Termal e Marín Ence Peixegalego.

Monbus Obradoiro celebrando o seu título na edición 2017 da Copa Galicia Monbus Obradoiro celebrando o seu título na edición 2017 da Copa Galicia

A competición, que este ano se estenderá ata o mes de outubro, coñece hoxe o seu calendario, repartindo o mesmo en tres fases diferenciadas: previa, semifinais e final.

A primeira quenda disputarana entre o seis e o trece de setembro os dous equipos galegos de LEB Ouro e o único representante autonómico en LEB Prata: Leyma Básquet Coruña, Rio Ourense Termal e Marín Ence Peixegalego, respectivamente.

Os tres afrontarán unha liga a unha volta que enviará a dous equipos ao cruce de semifinais, que terá lugar o 16 de setembro e no que xa agardan, clasificados de xeito directo pola súa categoría ACB; Cafes Candelas Breogán, e o campión das últimas oito edicións da Copa Galicia, Monbus Obradoiro.

Unha vez completadas estas dúas fases, a XXXIII Copa Galicia Sénior Masculina terá que agardar para dilucidar ao seu campión. A espera estenderase ata o 31 de outubro, data na que se celebrará a Final.

A sede que acollerá este encontro decisivo, así como a previa e as semifinais; coñecerase en vindeiras datas.

XXXIII Copa Galicia Sénior Masculina – Calendario

Fase Previa

1ª Xornada - 06/09/18 (data provisional)

Leyma Basquet Coruña - Rio Ourense Termal

2ª Xornada - 09/09/18 (data provisional)

Rio Ourense Termal - Marín Ence Peixegalego

3ª Xornada - 13/09/18 (data provisional)

Marín Ence Peixegalego - Leyma Basquet Coruña

Semifinais

16/09/18

2º Clasificado – Monbus Obradoiro (X)

1º Clasificado – Cafés Candelas Breogán (Y)

Final

31/10/18

Gañador X – Gañador Y

Formación

Novas máis vistas

Colaboradores Institucionales

Concello de Santiago         Concello de Tui       Captura de pantalla completa 30032016 181327

 

 

 

  

concello novo 

Captura de pantalla completa 28042016 194652

porriño  Captura de pantalla completa 08112017 105358 
lugo logo-deputacion-ourense logo DEPUTACION PONT
Deputación da Coruña  logouvigo 

Colaboradores FGB


 
 logo aneto  logo special olympics galicia 2 325 

© 2018 Federación Galega de Baloncesto

Utilizamos cookies para mellorar a súa experiencia e os nosos servizos, analizando a navegación no noso sitio web. Se continua navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información pulsando aquí: Máis información sobre a nosa política de cookies consulta a nosa Política de Cookies.

Acepto as cookies

F.G.B.