Carballo, epicentro de traballo no Baloncesto de Formación co "VIII Claustro Docente FGB"

Xoves, 07 Xuño 2018 16:04

Federación Galega de Baloncesto, Concello de Carballo e Escola Basquet Xiria deron este xoves o pistoletazo de saída ao “VIII Claustro Docente FGB”, a celebrar nesta vila o sábado, 9 de xuño; dando cabida a un novo evento formativo de calidade para os adestradores de baloncesto en Galicia.

Reunidos na casa consistorial da propia vila, o director deportivo FGB, Carlos Colinas; o alcalde e concelleiro de Deportes da localidade, Evencio Ferreiro e Marcos Trigo; respectivamente; e o Presidente de EBX, Marcos Díaz; avanzaron os últimos detalles da actividade, que terá como sede o Pavillón Vila de Noia e como obxectivo: o Baloncesto de Formación.

Marcos Trigo, Concelleiro de Deportes de Carballo abriu a quenda de palabra agradecendo a todos os implicados que iniciativas como esta se leven a cabo en Carballo, ”xa que coidar a formación dos adestradores é básico para mellorar de cara ao futuro”.

Representando a Escola Basket Xiria ou seu presidente, Marcos Molk, lembrou que “dous dos obxectivos da directiva nos últimos anos foron crear un proxecto sólido non só en Carballo, senón que aglutine a toda a Comarca de Bergantiños para aumentar o volume de xogadores e xogadoras de baloncesto, e outro fundamental foi mellorar a formación dos adestradores, para dispoñer dun mellor nivel non só técnico, senón tamén de valores”. Como marco perfecto a Claustro quixo rememorar ademais unha frase de Henry Ford: “Só hai algo máis caro que formar ás persoas e que se marchen, e é non formalos e que se queden”.

Por parte da FGB, Carlos Colinas desmenuzou pormenorizadamente a actividade, destacando que Maurizio Cremonini, que é a primeira vez que visita Galicia, é un referente da formación en MiniBasket.

Así mesmo, fixo referencia ao compromiso amosado polo global dos adestradores galegos con este Claustro, non que “a día de hoxe hai xa 110 adestradores inscritos, co que se prevé a presenza de ao redor de entre 120 e 150 adestradores chegados de toda España”. Finalizou a súa intervención agradecendo a colaboración de Concello e Escola Basket Xiria, agardando “que este evento sexa o primeiro de moitos en Carballo”.

Evencio Ferreiro, Alcalde de Carballo, finalizou esta rolda de intervencións poñendo en valor esta iniciativa de Escola Basket Xiria, recordando como docente que el é de profesión, que “a formación é a base para poder crecer como persoas”. Nesta liña, fixo mención a outras iniciativas de Escola Basket Xiria como o Pequebasket, que o pasado 17 de maio reuniu en Carballo a máis de 700 nenos de toda Galicia. Pechando ou acto, animou tanto ou club como á Federación a seguir traballando nesta dirección.

Formación, prestixio e calidade

O VIII Claustro Docente FGB concentrará a todos os participantes nunha xornada eminentemente didáctica e centrada nun programa de charlas prácticas protagonizado por tres representantes da elite do traballo coa base a nivel autonómico, nacional e internacional: Maurizio Cremonini, Javier Torralba e Cristino Menor.

Maurizio Cremonini. Adestrador da Federacion Italiana de baloncesto, catalogado na actualidade como o maior especialista no traballo de minibasket do mundo, e que visita España por segunda vez e Galicia por primeira ocasión neste ámbito de traballo.

Javier Torralba. Adestrador de Segle XXI e da federación Catalá, considerado un dos mellores adestradores de base de España, e que por primeira vez estará como relator na nosa Comunidade.

Cristino Menor. Director deportivo de Estudiantes de Lugo, profesor da “Escola Galega de Adestradores” e con máis de 20 anos de experiencia no campo da formación.

Os tres relatores convidados, así como todos os asistentes, realizarán posta en común e coñecementos en horario de mañá e de tarde; contando tamén coa presenza e reforzo deportivo de dous combinados de xogadores galegos da xeración 2007, os cales traballarán o sábado no marco do Claustro, e proseguirán a súa estancia en Carballo ata o domingo para exercitarse as ordes de técnicos colaboradores da Federación Galega de Baloncesto.

Formación

Novas máis vistas

Colaboradores Institucionales

Concello de Santiago         Concello de Tui       Captura de pantalla completa 30032016 181327

 

 

 

  

concello novo 

Captura de pantalla completa 28042016 194652

porriño  Captura de pantalla completa 08112017 105358 
lugo logo-deputacion-ourense logo DEPUTACION PONT
Deputación da Coruña  logouvigo 

Colaboradores FGB


 
 logo aneto  logo special olympics galicia 2 325 

© 2018 Federación Galega de Baloncesto

Empregamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación e ofrecer contidos e publicidade de interese. Ao continuar coa navegación entendemos que se acepta a nosa Política de cookies. Máis información sobre a nosa política de cookies consulta o noso Aviso Legal.

Acepto as cookies

F.G.B.