Seleccións Galegas: Tito Díaz chega á Selección Cadete Masculina

Xoves, 28 Setembro 2017 16:55

As Preseleccións galegas reencóntranse esta fin de semana cos adestramentos. Na que suporá a súa segunda concentración da temporada, os combinados autonómicos, que chegan cunha importante novidade no banquiño cadete masculino; repartirán o seu traballo en dúas vilas galegas, sedes xa habituais para este cometido.

Deste xeito, as preseleccións masculinas desprazaranse ata A Estrada para exercitarse en dobre xornada, sábado, 30 de setembro; e domingo, 1 de outubro. Pola súa banda, as xogadoras convocadas para formar parte das preseleccións femininas visitarán a vila de Noia, permanecendo alí as infantís durante toda a fin de semana, e unicamente o domingo, 1 de outubro, no caso das cadetes.

Tito Díaz, novo seleccionador cadete 
Esta concentración das Preseleccións chega coa importante novidade da incorporación do técnico galego Tito Díaz como novo seleccionador cadete masculino.
Acompañado no banquiño por Hector Méndez, como axudante; e Roi Vega, como delegado; Díaz comandará a Selección Cadete dando boa conta da súa máis que avalada experiencia durante anos na dirección de equipos, contando como a máis recente a súa faceta como técnico en Basquet Coruña ao longo dos últimos catro anos (2013 - 2017).

Formación

Novas máis vistas

Colaboradores Institucionales

Concello de Santiago         Concello de Tui       Captura de pantalla completa 30032016 181327

 

 

 

  

concello novo 

Captura de pantalla completa 28042016 194652

porriño  Captura de pantalla completa 08112017 105358 
lugo logo-deputacion-ourense logo DEPUTACION PONT
Deputación da Coruña  logouvigo 

Colaboradores FGB


 
 logo aneto  logo special olympics galicia 2 325 

© 2017 Federación Galega de Baloncesto

Empregamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación e ofrecer contidos e publicidade de interese. Ao continuar coa navegación entendemos que se acepta a nosa Política de cookies. Máis información sobre a nosa política de cookies consulta o noso Aviso Legal.

Acepto as cookies

F.G.B.