Ferrol, lista para acoller a final da XXXI Copa Galicia Feminina

Xoves, 21 Setembro 2017 10:55

Ferrol deulle este mércores, 20 de setembro; a benvida a unha nova Fase Final da Copa Galicia Sénior Feminina.  Esta competición, que neste 2017, celebra a súa XXXI edición, regresa á cidade de Ferrol, veña coñecida da mesma, para desputar a súa final nunha cita que terá lugar o domingo 24; ás 12.00 h, e protagonizada polo anfitrión, Star Center Universitario Ferrol e por R.C. Celta Zorka.

Este partido, ao que as locais chegan clasificadas directamente pola súa condición de equipo de Liga Feminina; e as viguesas como primeiras clasificadas da fase previa, foi presentado oficialmente este mércores no propio Concello de Ferrol.

Apoiando a celebración desta Copa Galicia na cidade departamental, tradicionalmente vinculada á  Copa Galicia ao longo da súa historia, asistiron o seu alcalde, Jorge Suárez; a Secretaria Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia, Marta Míguez; o presidente da Federación Galega de Baloncesto, Francisco Martín; o concelleiro de Deportes, Suso Basterrechea; e o presidente do Uni Star Center Ferrol, Leopoldo Ibañez.

Os cinco coincidiron en sinalar e reinvindicar o valor desta Copa Galicia e do Baloncesto Feminino como perfecta plataforma e punto de encontro para clubs, xogadoras e afeccionados de toda a Comunidade.

Entradas

Os afeccionados que o desexen poderán desfrutar da final Star Center Universitario Ferrol - R.C. Celta Zorka adquirindo a súa entrada no propio Pavillón de Esteiro a un prezo de cinco euros para público en xeral. Os abonados desta temporada do Universitario Ferrol poderán acceder gratis. 

Formación

Novas máis vistas

Colaboradores Institucionales

Concello de Santiago         Concello de Tui       Captura de pantalla completa 30032016 181327

 

 

 

  

concello novo 

Captura de pantalla completa 28042016 194652

porriño  Captura de pantalla completa 08112017 105358 
lugo logo-deputacion-ourense logo DEPUTACION PONT
Deputación da Coruña  logouvigo 

Colaboradores FGB


 
 logo aneto  logo special olympics galicia 2 325 

© 2017 Federación Galega de Baloncesto

Empregamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación e ofrecer contidos e publicidade de interese. Ao continuar coa navegación entendemos que se acepta a nosa Política de cookies. Máis información sobre a nosa política de cookies consulta o noso Aviso Legal.

Acepto as cookies

F.G.B.