II Curso de Iniciación Online para Árbitros e Oficiais de Mesa

Venres, 08 Setembro 2017 11:09

O Comité Galego de Árbitros abre prazo de inscrición para a segunda convocatoria da temporada da formación online para a iniciación no mundo da arbitraxe.

Marcado para iniciarse o vindeiro 18 de setembro, e con continuidade os días 19, 20, 21, 22, 25, 26 e 27 deste mesmo mes, a través da plataforma online FGB o Comité Galego de Árbitros proporcionará con este curso a posibilidade de instruirse, en base a unha programación teórico práctica, nos conceptos e tarefas propias de árbitros e oficiais de mesa: regras de xogo, acta, cronómetro e 24 segundos, psicoloxía e coñecemento do xogo ou iniciación á mecánica arbitral, entre outros.

O prazo de inscrición para esta 2º convocatoria da temporada permanecerá aberto ata o vindeiro 15 de setembro, data ata a cal se poden tramitar os pasos obrigatorios a seguir para completar o proceso:

1. Pago da cota do curso (25 € inscrición xeral. 20 € para federados) na conta ES 27 2100/1455/11/0200136257 (“la Caixa”).

2. Envío de xustificante de pago a Esta dirección de correo electrónico está protegida contra spambots. Usted necesita tener Javascript activado para poder verla. especificando datos persoais do alumno.

3. Inscrición, en primeira instancia, na plataforma online FGB e, unha vez validada esta, tramitar a subscrición no "2º Curso de Iniciación de Árbitros e Oficiais de Mesa- 2ª edición Setembro 2017".

Programación completa - Cursos “On Line” CGAB 2017 - 2018

 

Formación

Novas máis vistas

Colaboradores Institucionales

Concello de Santiago         Concello de Tui       Captura de pantalla completa 30032016 181327

 

 

 

  

concello novo 

Captura de pantalla completa 28042016 194652

porriño  Captura de pantalla completa 08112017 105358 
lugo logo-deputacion-ourense logo DEPUTACION PONT
Deputación da Coruña  logouvigo 

Colaboradores FGB


 
 logo aneto  logo special olympics galicia 2 325 

© 2017 Federación Galega de Baloncesto

Empregamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación e ofrecer contidos e publicidade de interese. Ao continuar coa navegación entendemos que se acepta a nosa Política de cookies. Máis información sobre a nosa política de cookies consulta o noso Aviso Legal.

Acepto as cookies

F.G.B.