A FGB permanece pendente da resolución da inscrición en LEB Prata do Club Baloncesto Peixefresco Marín

Xoves, 20 Xullo 2017 10:44

A Federación Galega de Baloncesto comunica o seu apoio ao Club Baloncesto Peixefresco Marín no actual estado de exclusión do seu equipo, por parte da Federación Española de Baloncesto, na lista de clubs admitidos na Liga LEB Prata 2017 - 2018.

Na xornada do mércores, 19 de xullo; esta Federación Autonómica remitiu escrito oficial á Federación Española detallando aquelas circunstancias que considera incorrectas ou que incumpren o Regulamento Xeral FEB e polas que Club Baloncesto Peixefresco Marín permanece, actualmente, fora da lista de clubs debidamente inscritos na indicada LEB Prata 2017 - 2018.

Considerando que o equipo de Marín materializou en tempo e forma o solicitado pola FEB para a súa correcta inscrición na competición, e reclamando da Federación Nacional que rectifique esta decisión conforme ao estipulado no seu Regulamento, a FGB confía na positiva resolución desta situación.

Club Baloncesto Peixefresco conta ademais nestas circunstancias co apoio dos restantes clubs galegos con presenza en categorías sénior masculinas de elite: Obradoiro CAB, Club Baloncesto Breogán, Club Ourense Baloncesto, Básquet Coruña e Xuventude Baloncesto; os cales reunidos o mércores, 19 de xullo; na sede da FGB en Compostela, transmitiron aos representantes do club de Marín a súa confianza en que esta tesitura se corrixa.

Jamboree 2018

Formación

Novas máis vistas

Colaboradores Institucionales

Concello de Santiago         Concello de Tui       Captura de pantalla completa 30032016 181327

 

 

 

  

concello novo 

Captura de pantalla completa 28042016 194652

porriño  Captura de pantalla completa 08112017 105358 
lugo logo-deputacion-ourense logo DEPUTACION PONT
Deputación da Coruña  logouvigo 

Colaboradores FGB


 
 logo aneto  logo special olympics galicia 2 325 

© 2018 Federación Galega de Baloncesto

Utilizamos cookies para mellorar a súa experiencia e os nosos servizos, analizando a navegación no noso sitio web. Se continua navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información pulsando aquí: Máis información sobre a nosa política de cookies consulta a nosa Política de Cookies.

Acepto as cookies

F.G.B.