C.B Porto do son promove o "V Pequebasket Internacional Concello Porto do Son"

Martes, 30 Maio 2017 09:50

Os vindeiros días 3 e 4 de xuño disputarase no Pavillón de Trapa (Portosín) a "V edición do Pequebasket Concello de Porto do Son", dirixido ás categorías babybasket, preminibasket e minibasket. 

A primeira xornada, a do sábado, arrincará coas categorías babybasket e premini, cuxos encontros disputaranse en 4 cuartos de 8 minutos, a tempo corrido. Participarán equipos de toda Galicia, estando representadas as catro provincias, xunto ao Colexio Río Piles de Asturias e ao Porto Dragon Force portugués.

O domingo saltarán xa á pista os equipos de categoría mini masculino e mini feminino, que xogarán co mesmo formato que o día anterior, contando, todos os encontros, coa colaboración oficial do Comité Galego de Árbitros.

Esta festa do Pequebasket completarase ademais coa realización de diferentes actividades de ocio, obradoiros de aprendizaxe e mesmo a presenza de Hinchables para o desfrute dos máis novos.

Formación

Novas máis vistas

Colaboradores Institucionales

Concello de Santiago         Concello de Tui       Captura de pantalla completa 30032016 181327

 

 

 

  

concello novo 

Captura de pantalla completa 28042016 194652

porriño  Captura de pantalla completa 08112017 105358 
lugo logo-deputacion-ourense logo DEPUTACION PONT
Deputación da Coruña  logouvigo 

Colaboradores FGB


 
 logo aneto  logo special olympics galicia 2 325 

© 2018 Federación Galega de Baloncesto

Utilizamos cookies para mellorar a súa experiencia e os nosos servizos, analizando a navegación no noso sitio web. Se continua navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información pulsando aquí: Máis información sobre a nosa política de cookies consulta a nosa Política de Cookies.

Acepto as cookies

F.G.B.