As Fases Finais Minibasket e Preminibasket FGB regresan á A Estrada

Martes, 23 Maio 2017 15:24

Federación Galega de Baloncesto, Concello de A Estrada e EDM A Estrada conxugan traballo e aposta polo baloncesto unha temporada máis. No seu obxectivo: a festa das Fases Finais Minibasket e Preminibasket, evento que este ano contará ademais cun convidado de excepción: o Babybasket.

O Concello de A Estrada convértese, de novo, no epicentro das ligas FGB Minibasket e Preminiabasket. As Fases Finais de ambas as competicións regresan un ano máis a esta localidade, enchendo unha fin de semana completa, a deste sábado 27 e domingo 28 de maio; da compoñente máis especial do Baloncesto de formación.

Durante estas dúas datas, o Pavillón Manuel Coto Ferreiro acollerá un total de 28 partidos repartidos en tres pistas grazas aos que se dilucidará a identidade dos Campións galegos das catro categorías en liza: mini e premini, masculino e feminino.

Captura de pantalla completa 23052017 125636

O Alcalde de A Estrada, José López; O Xefe do Servizo de Deportes da Xunta en Pontevedra, Daniel Benavides; e o Presidente FGB, Francisco Martín; e o Presidente de EDM A Estrada, Alfonso SanMartín; presentaron este martes a cita competitiva

Deixando o prato formte das semifinais e finas para a xornada do domingo, na previa do sábado viviranse as cruces clasificatorias  precisas para configurar o cadro de xogo dominical. O calendario de cada categoría pode consultarse xa no documento que se achega.

Babybasket: Clausura 2016 - 2017

A competición BabyBasket será tamén protagonista en A Estrada. Esta proposta didáctica e formativa creado esta temporada e estendida por toda Galicia grazas ao traballo dos clubs e das delegacións zonais FGB, vivirá a súa xornada de clausura na tarde do sábado.

Un total de 14 equipos, inscritos para a ocasión e chegados de diferentes puntos da Comunidade, disfrutarán despregando os seus primeiros pasos no baloncesto e compartíndoos cos outros xogadores e xogadoras.

babybasket 1

Esta cita, na que non faltarán os intres para a diversión e mesmo agasallos en forma de recordo para todos os participantes, cubrirá a quenda de tarde (16.00 h a 20.00 h) nas tres pistas do Pavillón Manuel Coto Ferreiro.

Formación

Novas máis vistas

Colaboradores Institucionales

Concello de Santiago         Concello de Tui       Captura de pantalla completa 30032016 181327

 

 

 

  

concello novo 

Captura de pantalla completa 28042016 194652

porriño  Captura de pantalla completa 08112017 105358 
lugo logo-deputacion-ourense logo DEPUTACION PONT
Deputación da Coruña  logouvigo 

Colaboradores FGB


 
 logo aneto  logo special olympics galicia 2 325 

© 2017 Federación Galega de Baloncesto

Empregamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación e ofrecer contidos e publicidade de interese. Ao continuar coa navegación entendemos que se acepta a nosa Política de cookies. Máis información sobre a nosa política de cookies consulta o noso Aviso Legal.

Acepto as cookies

F.G.B.