V Xornada de Harmonización do Minibasket Galego

Mércores, 26 Abril 2017 16:20

O Programa de Tecnificación FGB regresa en maio da man da “V Xornada de Harmonización do Minibasket Galego”, cita xa tradicional a celebrar, neste caso, o primeiro día do mes, en Santiago de Compostela, gracias á colaboración do Colexio Manuel Peleteiro.

Esta quinta edición da “Harmonización” volverá a ser unha cita referente para a área deportiva FGB, buscando na mesma a posibilidade de abordar a categoría minibasket dende a perspectiva puramente deportiva, e taméa, a didáctica e a metodolóxica.

Con este obxectivo, as instalacións do Colexio Manuel Peleteiro acollerán unha convocatoria de traballo en horario de mañá, e da que serán partícipes un total de 180 xogadores, os seus familiares directos e 14 técnicos colaboradores FGB.

Entre todos os citados levarase a cabo un completo programa de traballo, que contará ademáis, no seu apartado teórico, con destacados nomes propios do deporte galego e de mundos relacionados directamente co mesmo que compartirán experiencias cos pais e familiares dos nenos e nenas convocados.

V Xornada de Harmonización do Minibasket Galego - Programa

ADESTRAMENTOS DE TECNIFICACIÓN (09.30 h - 14.00 h)

XERACIÓN 2006

(09:30 h) Chegada e entrega de documentación.

(10:00 h - 11:30 h) Adestramento.

(11.30 h) Foto oficial.

(11:45 h) Charla Coloquio.

(12:30 h) Proxección de Vídeo.

(13:45 h) Recollida.

XERACIÓN 2007

(10:30 h) Chegada e entrega de documentación.

(11:00 h - 12:30 h) Adestramento.

(12:30 h) Foto oficial.

(12:45 h) Proxección de vídeo

(13:45 h) Recollida.

XERACIÓN 2008

(11:00 h) Chegada e entrega de documentación.

(11:15 h) Foto oficial.

(11:30 h) Proxección de vídeo

(12:30 h - 14:00 h) Adestramento 

(14:00 h) Recollida.


CHARLA COLOQUIO  (11.00 h - 13:15 h)

Rubén Domínguez. Psicólogo Deportivo e Adestrador de Cortegada - LF2.

Pepe Pozas. Xogador Rio Natura Monbus Obradoiro - Liga ACB.

Beatriz Sánchez. Xogadora Universitario Ferrol - LF.

Leticia Fernández. Responsable da Área de Saúde FGB.

Diego Fernández. Sociólogo e Adestrador Santo Domingo Betanzos - EBA.

Obradoiro de Minibasket

No mesmo escenario do Colexio Manuel Peleteiro, a "V Xornada de Harmonización" deixará paso ao denominado “Obradoiro de Minibasket", actividade pensada para os adestradores galegos que desexen participar.

obradoiro

Na mesma, os actuais seleccionadores galegos de Minibasket, Javier Cotelo e Fernán Varela; impartirán dúas charlas diferenciadas en torno, entre outros temas, á súa experiencia liderando un grupo do carácter dun combinado autonómico.

Para inscribirse neste Obradoiro, que se estenderá de 16.00 h a 19.30 h, é preciso envair mail a Esta dirección de correo electrónico está protegida contra spambots. Usted necesita tener Javascript activado para poder verla.

Formación

Novas máis vistas

Colaboradores Institucionales

Concello de Santiago         Concello de Tui       Captura de pantalla completa 30032016 181327

 

 

 

  

concello novo 

Captura de pantalla completa 28042016 194652

porriño  Captura de pantalla completa 08112017 105358 
lugo logo-deputacion-ourense logo DEPUTACION PONT
Deputación da Coruña  logouvigo 

Colaboradores FGB


 
 logo aneto  logo special olympics galicia 2 325 

© 2017 Federación Galega de Baloncesto

Empregamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación e ofrecer contidos e publicidade de interese. Ao continuar coa navegación entendemos que se acepta a nosa Política de cookies. Máis información sobre a nosa política de cookies consulta o noso Aviso Legal.

Acepto as cookies

F.G.B.