O "All Star" Galicia celebra a súa 3ª edición

Luns, 24 Abril 2017 10:19

Chega a edición 2017 do “All Star" Galicia”. Esta particular competición, nada no ano 2015, vivirá o vindeiro luns, un de maio; a súa terceira temporada consecutiva como actividade reforzo do programa de tecnificación FGB.

Coa colaboración do Concello de Boiro e C.B. Santa Baia, a Federación Galega de Baloncesto reunirá a un total de 21 xogadores e 20 xogadoras do 2004, participantes durante a temporada no Centros de Tecnificación, e que afrontarán unha nova xornada de traballo baixo un matiz especial.

No pavillón de Santa Baia, os convocados disputarán dous partidos amigables en formato Zona Norte vs Zona Sur, permitindo así aos técnicos FGB continuar coas labores de avaliación e seguimento dos xogadores e xogadoras desta xeración.

O programa concreto de xogo permitirá ver en acción en primeiro lugar á categoría feminina (16.30 h) e, posteriormente, ás 18.30 h, á masculina, dirixidas estas, respectivamente; por Samuel Conde (C.B. Allariz) e Cristino Menor (Estudiantes Lugo).

Nos documentos que se achegan remitimos as listas de xogadores e xogadoras que serán parte deste "All Star" Galicia 2017.

Formación

Novas máis vistas

Colaboradores Institucionales

Concello de Santiago         Concello de Tui       Captura de pantalla completa 30032016 181327

 

 

 

  

concello novo 

Captura de pantalla completa 28042016 194652

porriño  Captura de pantalla completa 08112017 105358 
lugo logo-deputacion-ourense logo DEPUTACION PONT
Deputación da Coruña  logouvigo 

Colaboradores FGB


 
 logo aneto  logo special olympics galicia 2 325 

© 2017 Federación Galega de Baloncesto

Empregamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación e ofrecer contidos e publicidade de interese. Ao continuar coa navegación entendemos que se acepta a nosa Política de cookies. Máis información sobre a nosa política de cookies consulta o noso Aviso Legal.

Acepto as cookies

F.G.B.