Babybasket: a competición viaxa a Carballo

Xoves, 23 Febreiro 2017 16:33

Este sábado, 25 de febreiro, celebranse en Carballo dúas novas xornadas da Liga Babybasket 2016 - 2017, competición pioneira en Galicia e organizada pola Federación Galega de Baloncesto coa colaboración de clubs, colexios e escolas municipais.

As dúas primeiras citas previas do Babybasket na Delegación da Coruña tiveron lugar en Culleredo e foron auspiciadas polo club local. Nesta ocasión a organización recae sobre os dous equipos de Carballo, o Club Baloncesto Artai e Escola Basket Xiria.

BabyBasket 2016 - 2017: Galería de Imaxes

Nesta competición participan os xogadores máis pequenos dos clubs (nados no 2012, 2011, 2010 e 2009) baixo formato catro contra catro, en dous periodos de doce minutos e no que non hai resultado final, primando a formación sobre o aspecto competitivo. 

Na deste sábado, no pavillón de Bergantiños, a actividade comezará ás once da mañá e se estenderá ata a unha e media da tarde, contando coa presenza, aproximada, de 140 nenos. Serán un total de catorce partidos cos seguintes clubs implicados: CB. Culleredo, Club Baloncesto Artai, Dominicos, Pequebasket Xiria, Franciscanos, Emilia Pardo Bazán - Los Rosales, Esclavas, Liceo La Paz e Jesuitinas.

BabyBasket 2016 - 2017: Galería de Imaxes

Formación

Novas máis vistas

Colaboradores Institucionales

Concello de Santiago         Concello de Tui       Captura de pantalla completa 30032016 181327

 

 

 

  

concello novo 

Captura de pantalla completa 28042016 194652

porriño  Captura de pantalla completa 08112017 105358 
lugo logo-deputacion-ourense logo DEPUTACION PONT
Deputación da Coruña  logouvigo 

Colaboradores FGB


 
 logo aneto  logo special olympics galicia 2 325 

© 2017 Federación Galega de Baloncesto

Empregamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación e ofrecer contidos e publicidade de interese. Ao continuar coa navegación entendemos que se acepta a nosa Política de cookies. Máis información sobre a nosa política de cookies consulta o noso Aviso Legal.

Acepto as cookies

F.G.B.