Burela, San Ciprián e Viveiro, sedes para o Campionato de España de Clubs Júnior Feminino

Mércores, 22 Febreiro 2017 16:04

As tres localidades da costa da provincia de Lugo acollerán este nacional de clubs, competición a celebrar entre o sete e o trece de maio de 2017.

O Campionato de España de Clubs en categoría Júnior feminina despregará o seu baloncesto en tres localidades lucenses neste 2017: Burela, Viveiro e San Ciprián.

Coa colaboración directa de Estudiantes Lugo e FGB na organización desta cita, e co indispensable soporte dos tres Concellos implicados, así como dos clubs locais (C.B. Viveiro, C.B. Burela e Basket San Ciprian), o mellor baloncesto base feminino buscará ao seu campión en terras lucenses desfrutando dun percorrido por estas tres vilas, dotadas de ampla capacidade para artellar un evento destas características.

Burela, San Ciprián e Viveiro terán a oportunidade de dar a coñecer os seus atractivos aos numerosos afeccionados que, chegados de toda España, visitarán esta zona para desfrutar, ademáis do basket, da consolidada oferta turística dos tres escenarios.

Formación

Novas máis vistas

Colaboradores Institucionales

Concello de Santiago         Concello de Tui       Captura de pantalla completa 30032016 181327

 

 

 

  

concello novo 

Captura de pantalla completa 28042016 194652

porriño  Captura de pantalla completa 08112017 105358 
lugo logo-deputacion-ourense logo DEPUTACION PONT
Deputación da Coruña  logouvigo 

Colaboradores FGB


 
 logo aneto  logo special olympics galicia 2 325 

© 2017 Federación Galega de Baloncesto

Empregamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación e ofrecer contidos e publicidade de interese. Ao continuar coa navegación entendemos que se acepta a nosa Política de cookies. Máis información sobre a nosa política de cookies consulta o noso Aviso Legal.

Acepto as cookies

F.G.B.