Regresa a "Aula Formativa do Adestrador Galego"

Mércores, 22 Febreiro 2017 10:39

A Aula Formativa do Adestrador estréase en 2017 con dobre convocatoria didáctica, contando neste caso coa colaboración do Concello de Redondela e Club Baloncesto Redondela.

Este programa dirixido pola Área deportiva FGB e orientado a todos os adestradores galegos en pleno proceso de formación, celebra unha nova sesión o vindeiro martes, 28 de febreiro (Polideportivo A Marisma. Redondela); contando coa presenza dos técnicos galegos Alberto Pérez Vidal e Miguel Ángel Hoyo, os dous con experiencia pasada como Seleccionadores Galegos.

Ambos guiarán dúas charlas consecutivas, en horario de tarde, baixo o seguinte plan:

(16.30 h) Alberto Pérez Vidal: “Emparellarse e Defender en Minibasket”.

(18.15 h) Miguel Ángel Hoyo: “Táctica Individual: integrar e mellorar los recursos dun xogador”.

Inscrición
Os interesados en tomar parte desta nova sesión da Aula Formativa deberán solicitar a súa inscrición vía mail a Esta dirección de correo electrónico está protegida contra spambots. Usted necesita tener Javascript activado para poder verla. indicando os seus datos persoais, club de referencia e título da actividade en cuestión. A data límite para materializar esta acción está marcada para o domingo, 26 de febreiro.

Validación
O proceso de validación da formación para adestradores materializarase nesta Aula Formativa a través de oito horas de formación complementaria e un CETI para todos aqueles asistentes que estén inmersos nos cursos FGB.

Formación

Novas máis vistas

Colaboradores Institucionales

Concello de Santiago         Concello de Tui       Captura de pantalla completa 30032016 181327

 

 

 

  

concello novo 

Captura de pantalla completa 28042016 194652

porriño  Captura de pantalla completa 08112017 105358 
lugo logo-deputacion-ourense logo DEPUTACION PONT
Deputación da Coruña  logouvigo 

Colaboradores FGB


 
 logo aneto  logo special olympics galicia 2 325 

© 2017 Federación Galega de Baloncesto

Empregamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación e ofrecer contidos e publicidade de interese. Ao continuar coa navegación entendemos que se acepta a nosa Política de cookies. Máis información sobre a nosa política de cookies consulta o noso Aviso Legal.

Acepto as cookies

F.G.B.