O BabyBasket emerxe con forza

Venres, 27 Xaneiro 2017 15:33

Cinco Pavillóns repartidos por toda Galicia vivirán este domingo, 29 de xaneiro, unha nova cita coa APOSTA, con maiúsculas, da Federación Galega de Baloncesto para esta temporada 2016 – 2017: o Babybasket.

Babybasket 2016 - 2017: Galería de Imaxes

O BabyBasket emerxe con forza (Foto: C.B. Sarria)

O Baloncesto da ilusión e a aprendizaxe, orientado a nenos e nenas nados na franxa 2009 – 2011, está a viaxar por toda a xeografía galega da man de clubs, colexios e escolas municipais.

Dende Xinzo de Limia ata Sarria e Cambados, ou amosando a súa capacidade e potencial en cidades como Vigo ou Ferrol, entre outras; o Babybasket leva disputadas nesta temporada diferentes concentracións, todas grazas ao esforzo de clubs organizadores e equipos participantes.

Este formato, concebido para 4x4, e cun marcado carácter non competitivo, é xa un referente a seguir para a Federación Galega de Baloncesto, leda da implantación e expansión que está a ter esta iniciativa por toda a Comunidade Autónoma. Os xogadores e xogadoras máis novos están a ser partícipes da cara máis necesaria do Basket, aquela que implica fomentar a práctica do deporte e fai crecer nos valores que este transmite.

Megaxove-Alta

O BabyBasket en Ourense

Estas características volverán de novo á pistas galegas este domingo, 29 de xaneiro, data na que se vivirán cinco novas xornadas de Babybasket, algunhas de estrea, como en Santiago, e outras continuando a senda xa iniciada nos pasados meses con cifras de participación notorias e con aspiracións de ir a máis.

Convocatorias  - 29/01/17

Delegación Santiago (Organiza Basket Ames. Pavillón Municipal Milladoiro). En xogo: Basket Ames, Galogrín, Fontiñas, Cluny, Peleteiro e Compañía de María.

Delegación Coruña (Organiza: CB. Culleredo. Polideportivo Ría do Burgo). En xogo: CB. Culleredo, Club Baloncesto Artai, Dominicos, Pequebasket Xiria, Franciscanos, Emilia Pardo Bazán - Los Rosales, Esclavas, Liceo La Paz e Jesuitinas.

Delegación Vigo (Organiza CB Defensores do Morrazo. Pavillón San Roque. Cangas) En xogo: Defensores do Morrazo, Apóstol, Novobasket, Colexio García Barbón, R.C Celta e Colexio Salesianos.

Delegación Lugo (Organiza C.B. Sarria. Sarria): En xogo: Frei Luis de Granada, CPR Nosa Señora da Asunción, Colexio La Merced, CEIP San Miguel de Paradela e CEIP Rosalía de Castro de Bóveda.

Delegación Arousa (Organiza: Xuventude Baloncesto. Pavillón O Pombal. Cambados). En xogo: Xuventude Baloncesto, CAB Pontevedra e C.B. Dorna.

Completan o proxecto Baby Basket as Delegacións de Ourense e Ferrol que este domingo non celebran concentración pero xa levan tras de sí varias xornadas desfrutando con varios equipos todo o mellor desta APOSTA, á que á Federación Galega de Baloncesto convida a unirse a todos aqueles clubs ou entidades que ainda non están inmersas. 

Delegación Ourense. En xogo: Bosco Salesianos, CB Allariz, Pavillón Ourense, AB Xinzo, Muebles Victoria Barco, Depordima Friavanso e CB Maside e Bball Ourense.

Delegación Ferrol. En xogo: Universitario Ferrol, Santiago Apóstol e CB As Pontes.

Formación

Novas máis vistas

Colaboradores Institucionales

Concello de Santiago         Concello de Tui       Captura de pantalla completa 30032016 181327

 

 

 

  

concello novo 

Captura de pantalla completa 28042016 194652

porriño  Captura de pantalla completa 08112017 105358 
lugo logo-deputacion-ourense logo DEPUTACION PONT
Deputación da Coruña  logouvigo 

Colaboradores FGB


 
 logo aneto  logo special olympics galicia 2 325 

© 2017 Federación Galega de Baloncesto

Empregamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación e ofrecer contidos e publicidade de interese. Ao continuar coa navegación entendemos que se acepta a nosa Política de cookies. Máis información sobre a nosa política de cookies consulta o noso Aviso Legal.

Acepto as cookies

F.G.B.